spot_img
InicioBaixo MiñoO Rosal prepárase para a romaría de raíces centenarias na honra de...

O Rosal prepárase para a romaría de raíces centenarias na honra de San Martiño

o-rosal-preparase-para-a-romaria-de-raices-centenarias-na-honra-de-san-martino
@Luis Dorado

Centos de rosaleiros e rosaleiras participarán este domingo 10 na tradición secular de subir en procesión ao santo a ombros ata a capela

Revista Cousas de Nº23

 

O Rosal quenta motores para retomar unha das súas tradicións con máis soleira do municipio, o San Martiño. Este domingo 10 de novembro, centos de veciños e veciñas subirán ao santo a ombros e en procesión ata a ermida, un ritual que se remonta ao século XVIII e que celebra a unión da veciñanza nun ambiente de música, tradición e profundo simbolismo.

Como sinala a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, “o San Martiño representa para todas e todos nós un vínculo co noso pasado e coas xeracións que nos precederon. Manter viva esta tradición, a pesar do paso dos séculos, é un orgullo para rosaleiros e rosaleiras”.

A programación comezará do San Martiño comezará co seu día grande: ás 10.30 horas o santo sairá en procesión dende a igrexa de Santa Mariña do Rosal, situada na Praza do Calvario, ata a ermida, onde ás 12.00 horas se oficiará unha misa solemne. Trátase dun percorrido con espectaculares tramos dos muíños do Folón e do Picón que estará animado por música, tradición e devoción a partes iguais. O luns 11 de novembro, o propio día de San Martiño, haberá misa ás 18.30 horas na igrexa de Santa Mariña e romaría animada polo grupo de gaitas Albariños do Rosal.

Unha das particularidades máis singulares desta romaría son os agasallos que a veciñanza leva ata o santo, un costume que se remonta a hai décadas e que incluso facía que durante unha época os cazadores o mesmo día da romaría ofreceran as súas capturas para poxa.

“O San Martiño é moito máis que unha romaría. É a nosa historia, a nosa xente e o noso orgullo”, conclúe a alcaldesa Ánxela Fernández, quen anima a toda a veciñanza a participar este domingo nesta festa única que conecta ao Rosal co seu pasado e mantén viva a súa cultura ano tras ano.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.