spot_img
InicioCondado ParadantaO recinto amurallado de Salvaterra acollerá a novena edición da Festa do...

O recinto amurallado de Salvaterra acollerá a novena edición da Festa do Viño Espumoso

o-recinto-amurallado-de-salvaterra-acollera-a-novena-edicion-da-festa-do-vino-espumosoO sábado 2 e domingo 3 de decembro daranse cita no recinto da fortaleza de Salvaterra do Miño os espumosos da DO Rías Baixas acompañados de gastronomía e música.

Revista Cousas De Nº19

 

A punto de rematar o mes de novembro e comezar cos preparativos do Nadal chega unha das festas imprescindibles da programación do Concello de Salvaterra de Miño. O vindeiro día 2 e 3 de decembro celébrase a novena edición da Festa do Viño Espumoso D.O Rías Baixas. Como en edicións anteriores será no recinto da muralla baixo unha carpa que albergará os protagonistas desta festa, os espumosos.

En total serán dez as adegas participantes que ofrecerán os seus viños espumosos e todo acompañado de tapas diversas ademais de doces, cafés e chocolates. Unha festa que a punto está de celebrar os dez anos e que mantén a mesma filosofía, por en valor
os viños espumosos da nosa comarca, un produto que ano a ano vai gañando adeptos.

Ademáis de viño e gastronomía este ano tamén haberá música para amenizar a festa. O público poderá desfrutar con grupos como Somoza Trío, La Comisaría, Nacional 81, Urbano Cabrera, Manuel Madarnás, Demasiadas Luces y pocas sombras, entre outros. A inauguración terá lugar o sábado día 2 de decembro ás 12:00 da mañá coa actuación de A.C. Pontenova e a apertura dos stands. Ese mesmo día ás 18:30 horas haberá un coloquio sobre espumosos a cargo de Luis Paadín e Alejandro Paadín, Ambassadeurs du Champagne de España e formadores homologados de cava.

Ademais non faltará o tradicional degüelle a sable e brindis despois do acto de nomeamento de novos cofrades da Cofradía do Viño do Condado do Tea e Espumosos.

- Publicidade -spot_img




[adrotate group="1"]