spot_img
InicioVigo e áreaVigoO Punto de Formación Incorpora da Fundación “la Caixa”, xestionado pola Fundación...

O Punto de Formación Incorpora da Fundación “la Caixa”, xestionado pola Fundación Érguete-Integración, clausura o 2023 con excelentes resultados

o-punto-de-formacion-incorpora-da-fundacion-la-caixa-xestionado-pola-fundacion-erguete-integracion-clausura-o-2023-con-excelentes-resultadosEsta mañá tivo lugar, na Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, a clausura das accións formativas levadas a cabo durante o 2023 polo Punto de Formación Incorpora da Fundación “la Caixa”, xestionado dende a Fundación Érguete-Integración.

Revista Cousas De Nº19

María Esteban Campos, responsable do PFI, foi a encargada de abrir o evento, no que interviñeron tamén Ana M. Álvarez Franco, directora da Fundación Érguete-Integración, Susan Santos Morales, responsable da Fundación ‘la Caixa’ en Galicia e Cristina Rozas, directora financeira de IGAXES, entidade coordinadora da Rede Incorpora na comunidade galega.

No acto presentáronse os datos deste 2023, no que 60 persoas tiveron a oportunidade de formarse nun dos tres cursos ofertados ao longo do ano: auxiliar de caixa e reposición, limpeza e desinfección en edificios e locais e auxiliar de almacén. Ao igual que en anteriores ocasións, a Fundación Érguete-Integración procurou adaptar ás formacións ás necesidades do mercado laboral local, realizando unha ardua labor de prospección. Esta exploración, unida á colaboración de 32 empresas da zona nas que o alumnado puido realizar as súas prácticas, fixeron posible, ata o momento, un total de 42 insercións.

Os positivos resultados obtidos durante este 2023 non serían posibles sen o traballo en rede de todas as entidades que forman parte do Grupo Incorpora (IGAXES, Saúde Mental FEAFES Galicia, COGAMI e Juan Soñador), así como do Banco de Alimentos de Vigo, que colabora habitualmente nas prácticas do alumnado.

As actividades levadas a cabo dende o PFI teñen como obxectivo acadar unha mellora do perfil profesional de persoas que presentan especiais dificultades para acceder ao mercado laboral. Para isto, a formación non se reduce exclusivamente á capacitación técnica do alumnado, senón que inclúe o traballo en competencias transversais (autocoñecemento, comunicación, resolución de conflitos, traballo en equipo, igualdade de oportunidades…) e dixitais, así como a orientación laboral para la procura de emprego e o emprendemento.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.