Esta mañá comezou a primeira visita do vehículo especial para a realización de documentación VIDOC en Baiona. As primeiras citas están a executarse na rúa Arquitecto Jesús Valverde, fronte á oficina de Turismo.
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña deulles a benvida acompañando ao Comisario Luis Hombreiro Noriega, xefe de coordinación operativa da comisaria de Vigo-Redondela.
Durante esta xornada atenderanse as 25 citas iniciais xa recollidas na oficina policial do Concello e o vindeiro venres, volverán para realizar outras 25, que é o número de citas fixas que se realizarán a partir de agora en cada xornada que nos visiten, normalmente en horario de 09:30 a 13:30 horas.
Dende o Concello subliñan que con esta actuación cúmprese a promesa de levar aos veciños a oportunidade de realizar trámites administrativos de maneira máis áxil, xa que co modelo anterior, levaríalles moito máis tempo que deberían investir en obtelos.



