spot_img
InicioVal MiñorBaionaO proxecto "Camiñando pola Prehistoria" do CEIP de Belesar

O proxecto “Camiñando pola Prehistoria” do CEIP de Belesar

o-proxecto-caminando-pola-prehistoria-no-ceip-de-belesarO alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e a concelleira de educación, Nuria Leyenda Gómez, visitaron o CEIP de Belesar para coñecer o museo da prehistoria que o profesorado e os escolares montaron para aprender e descubrir esta etapa da historia e ser arqueólogos.

Revista Cousas De Nº20

No centro educativo creouse unha exposición nunha aula, con cova incluída e restos óseos de animais e persoas, así como ferramentas como puntas de lanza ou bifaces…Unha forma moi dinámica e interactiva de transmitir ao alumnado os coñecementos.

Os seus 113 alumnos e alumnas e o seu profesorado aproveitaron esta iniciativa para poñer en práctica todo o aprendido durante a celebración do Entroido.

Cada un dos ciclos disfrazáronse dunha temática: O alumnado de infantil púxose o chapeu de explorador. Os ciclos de educación de primaria retrocederon miles de anos para gozar desta festa; 1º E 2º de educación primaria ían disfrazados do paleolítico; 3º e 4º neolítico; 5º e 6º idade dos metais. Cada un dos grupos realizou unha performance finalizando cun desfile comparsas.

- Publicidade -spot_img