Inicio Galicia O Programa Iacobus apoiou 798 proxectos de cooperación de investigación científica e...

O Programa Iacobus apoiou 798 proxectos de cooperación de investigación científica e tecnolóxica na Eurorrexión

O Programa Iacobus apoiou 798 proxectos de cooperación de investigación científica e tecnolóxica na EurorrexiónO Programa IACOBUS, que promove a cooperación en investigación científica e tecnolóxica no ámbito universitario e dos centros tecnolóxicos na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, ten apoiado desde 2014 un total de 798 proxectos, cun financiamento global de preto de 880.000 euros.

O obxectivo desta iniciativa é fomentar o desenvolvemento de proxectos de innovación e a divulgación de papers (publicacións científicas). O IACOBUS está xestionado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT), en colaboración coa Xunta, a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte e a Fundación CEER, e está co-financiado polo Programa INTERREG VA.

No programa participan sete universidades, catro institutos politécnicos e 22 centros tecnolóxicos da Eurorrexión e conta con dúas modalidades: o IACOBUS estadías de investigación e o IACOBUS papers.

As áreas de traballo dos beneficiarios das convocatorias xa lanzadas ata ao momento son moi amplas, destacándose as ciencias da saúde, as humanidades, as enxeñarías, as ciencias económicas e empresariais, as ciencias sociais, as tecnoloxías da información e comunicación, as ciencias ambientais, os recursos naturais, e o dereito, entre outras.

Avaliacións do programa

Realizáronse avaliacións do grao de satisfacción das 5 primeiras edicións do IACOBUS e está en desenvolvemento a correspondente á sexta edición. O sistema de avaliación realízase a través de enquisas de satisfacción a todos os participantes, con preguntas diferenciadas, agrupadas en tarefas como planificación, desenvolvemento e resultados, con preguntas máis específicas dentro de cada grupo. Tamén se realiza unha diferenciación segundo sexa PAS, PDI ou investigador. Outro apartado importante é o de comentarios e aspectos a mellorar do programa segundo os participantes, onde se obtiveron ideas que se foron implementado en posteriores convocatorias. Entre elas, a de articular todo o programa dixitalmente, reducindo os tempos de tramitación, a burocracia e o uso de papel.

Os resultados indican un grao de satisfacción elevado, xa que en torno ao 90% da valoración é alta ou moi alta, manténdose os resultados relativamente estables no tempo.

Tras a participación no Programa IACOBUS, foron desenvolvidas polos demandantes novas liñas de investigación e desenvolvemento de proxectos conxuntos. Desenvolvéronse novos proxectos, como por exemplo a Feira Internacional de Emprego Universitario (Universidade de Vigo, do Porto e a UTAD) FINDE.U. Tamén se promoveu a organización conxunta de eventos, congresos, xornadas e cursos específicos entre as universidades socias do programa. De salientar que moitos destes traballos e liñas de investigación resultaron posteriormente en publicacións de artigos en revistas científicas e no desenvolvemento de candidaturas conxuntas a programas europeos.

Novidades nos últimos anos

Nos últimos anos, incorporáronse novidades ao programa, como a inclusión dos centros tecnolóxicos o ano pasado. Ata ese momento o programa estaba limitado ás universidades.

En 2018 tamén se puxo en marcha outra novidade, xa que se lanzou por primeira vez o IACOBUS Publicacións Científicas, que ten como obxectivo principal fomentar a cooperación transfronteiriza en actividades de investigación e divulgación científica, a través de axudas económicas á publicación de artigos – papers – en revistas indexadas no vixente Journal Citation Report ( JCR) e Scopus (para a área dás humanidades), así como mellorar a calidade científica e a competitividade das universidades. Nesta primeira edición foron apoiadas 34 publicacións científicas cun valor total de 34.000 euros destinados aos grupos de investigación dos respectivos demandantes.

No último trimestre de 2019, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal vai a abrir a 7ª convocatoria do IACOBUS Estadías de Investigación e a 2ª convocatoria do IACOBUS Papers.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies