·Publicidade ·spot_img
InicioGaliciaO programa "Elixe Galicia" ten previsto comezar de novo as viaxes a...

O programa “Elixe Galicia” ten previsto comezar de novo as viaxes a partir de maio

O programa Elixe Galicia ten previsto comezar de novo as viaxes a partir de maioA Xunta de Galicia ven de reactivar o programa Elixe Galicia 2021 que ten previsto comezar de novo as viaxes a partir do vindeiro 30 de maio.

Así o anunciou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, durante unha visita a Combarro na que estivo acompañada polo alcalde do concello, Luciano Sobral, o presidente da Asociación Profesional de Guías de Galicia, Tommi Alvarellos e o tesoureiro do Clúster Turismo de Galicia, Alfonso Martínez. Ademais do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López.

Nava Castro destacou que xa se formalizaron o 18% das prazas previstas para este ano, unhas 1.800 das 10.000 que se están a comercializar a través exclusivamente das axencias de viaxes. Castro destacou que o prazo para solicitalas segue aberto e que esta iniciativa traducirase nunha inxección directa ao sector turístico de preto de 3 millóns de euros neste ano, grazas á achega da Xunta que financia o 40% do custe das prazas ata chegar aos 1,3 millóns de euros, e á participación da cidadanía, que sufraga o 60% do coste dos paquetes turísticos. Esta iniciativa súmase á tarxeta bono turístico e e entre ambas acadan os 10M euros destinados para reactivar o sector

Dirixido a xente nova menor de 30 anos, ás familias con fillos menores de idade e a pensionistas maiores de 55 anos, esta segunda convocatoria do programa Elixe Galicia desenvolverase ata o 15 de novembro, excepto no período comprendido entre o 21 de xuño e o 10 de setembro, pontes e festivos, en que non haberá viaxes xa que o obxectivo é seguir fomentando a desestacionalización e o turismo interno.

“Se cando concibimos este programa era importante a desestacionalización agora é máis importante ca nunca fomentar que os galegos fagan máis turismo en Galicia. É unha aposta imprescindible”, asegurou.

Viaxes seguras

Outro dos aspectos que destacou a directora de Turismo de Galicia foi que todas as propostas de Elixe Galicia están organizadas cumprindo estritamente cos protocolos e medidas hixiénico-sanitarias necesarias, con limitación de aforamentos, adaptación das visitas e dos grupos á normativa sanitaria e estrito cumprimento dunha serie de medidas anticovid que garanten a seguridade sanitaria de todos os participantes tanto no que se refire á limpeza como distanciamento de seguridade, manexo de equipaxes e transporte de viaxeiros e adaptación das visitas e dos establecementos seleccionados.

Na páxina web de Turismo de Galicia pódese consultar toda a información relativa a este programa que se suma á Tarxeta Turística #QuedamosenGalicia como ferramentas de reactivación e apoio directo ao sector turístico galego.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies