spot_img
InicioGaliciaO Premio ConBici distingue a Iria Vázquez e Sara Ortiz polo seu...

O Premio ConBici distingue a Iria Vázquez e Sara Ortiz polo seu esforzo para rachar barreiras de xénero no uso da bicicleta

o-premio-conbici-distingue-a-iria-vazquez-e-sara-ortiz-polo-seu-esforzo-para-rachar-barreiras-de-xenero-no-uso-da-bicicletaAs sociólogas Iria Vázquez Silva (Universidade de Vigo) e Sara Ortiz Escalante (Col·lectiu Punt 6 de Barcelona) recibiron esta fin de semana o Premio ConBici. Foi “polo seu esforzo en rachar barreiras de xénero no uso da bicicleta”, destacando de xeito especial o estudo coordinado por elas Movilidad ciclista y género. Un análisis feminista interseccional

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

As coordinadoras recibiron o galardón na celebración do 21 Congreso Ibérico la Bicicleta y la Ciudad, en Santiago de Compostela, e amosaron a súa satisfacción por recibir un recoñecemento que, apuntan, “supón unha oportunidade para darlle visibilidade ao estudo que realizamos e que nos gustaría que a xente o coñecese”. Movilidad ciclista y género estivo financiado e publicado polo Instituto de las Mujeres, do Ministerio de Igualdad, e feito coa Coordinadora en Defensa da Bicicleta ConBici. Nel evidénciase como “o feito de ser mulleres ten un impacto no uso da bicicleta na mobilidade cotiá”.

O estudo, indica Iria Vázquez, profesora de Socioloxía e investigadora do Grupo de Estudos en Traballo Social, Investigación e Transferencia (GEts-it) da UVigo, empregou unha metodoloxía mixta a partir dunha enquisa realizada a 2235 persoas entre 16 e 75 anos e a realización de seis grupos de discusión en diferentes cidades de distintas comunidades autónomas (entre elas Vigo). “É un estudo pioneiro a nivel estatal e recolle datos tanto das persoas usuarias da bicicleta como das non usuarias (para coñecer os motivos polos que non se emprega a bicicleta)”, sinala. Ademais, o traballo recolle datos desagregados non só por xénero, senón tamén por idade, procedencia migratoria, orientación sexual e identidade de xénero, sendo “o primeiro estudo a nivel estatal cun enfoque interseccional”. Nel tamén se recollen datos atendendo á diversidade territorial do estado e ao tamaño dos seus municipios.

Aspectos positivos e negativos

A enquisa realizada no estudo sinala unha fenda de xénero do 20% no uso da bicicleta. “As persoas non usuarias da bicicleta sinalan motivos para non empregala como: as longas distancias, falla de infraestruturas e medo ao roubo”, comenta Iria Vázquez. Outros datos extraídos do traballo é que “o 9% das mulleres que non usan a bicicleta é porque teñen persoas dependentes ao seu cargo” e que “o 45% das mulleres ciclistas manifestan ter vivido unha situación de acoso verbal ou físico de carácter sexual ou por razón de sexo. Un acoso que se incrementa ademais para o colectivo LGTBIQ”.

Nos grupos de discusión tamén se recolleron aspectos positivos do uso da bicicleta, como “a liberdade que dá, a necesidade da ocupación do espazo e sobre todo que a bicicleta é un medio ecolóxico de transporte que moitas mulleres queren empregar”. Así mesmo, destacan as súas coordinadoras, este estudo amosou que “precisamos máis infraestruturas ciclistas (carrís bicis) e maior pacificación do tráfico, para que as persoas poidan pedalear a diferentes ritmos e sentirse seguras en contornas máis amables coa bicicleta”. Ademais no documento apúntase, “sobre todo en Galicia, a necesidade de maior intermodalidade coa bicicleta: poder subir máis bicicletas ao tren, que non teña sobrecusto subirlas ao tren ou ao barco, etc”.

Como recomendacións xerais, sinala por último Iria Vázquez, do estudo pódese concluír que “se debe substituír o adxectivo de ‘vulnerables’ vinculado ás mulleres por ‘prioritarias’ nas políticas de mobilidade e de seguridade viaria”. O urbanismo, subliña, “ten que incorporar unha perspectiva de xénero” e “a loita contra a emerxencia climática pasa por repensar o xeito de mobilidade”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.