A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) recoñece o sendeiro azul proxectado pola APV baixo o nome “Camiñando polo Porto” pola súa aposta pola educación ambiental e o goce sostible da contorna portuaria.
O Porto de Vigo acaba de recibir un novo galardón que recoñece os seus esforzos na creación dun Porto máis accesible e sostible. Trátase da Bandeira de Sendeiroiro Azul 2025 que concede a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) para premiar a recuperación e posta en valor de carreiros e itinerarios de todo o territorio nacional, transformados en valiosos recursos para a interpretación ambiental e o goce da natureza. Os Sendeiros Azuis son lugares ideais para a sensibilización ambiental, entendida esta como unha ferramenta que contribúe ao cambio social.
A entrega deste recoñecemento ao Porto olívico ha tido lugar esta mañá en Murcia, nun acto celebrado no Instituto de Turismo e organizado pola propia ADEAC e o Goberno da Región de Murcia
Camiñando polo Porto
Galicia é a Comunidade Autónoma que recibiu máis galardóns nesta edición, cun total de 54, e dentro desta, a provincia de Pontevedra consolida 32, entre os que destaca unha nova incorporación: o sendeiro “Camiñando polo Porto de Vigo”. Un itinerario de 7,4 km de lonxitude que percorre toda a fronte marítima, desde a Praza da Estrela ata o Paseo dos Peixes, en Bouzas, onde os vigueses e turistas terán a oportunidade de coñecer os elementos culturais e ambientais máis destacables que se atopan ao longo do percorrido, promovendo, desta forma, o patrimonio portuario.
Para iso, instalaranse diferentes paneis informativos que lles permitirán coñecer a orixe e o desenvolvemento do Porto, así como a súa relación co crecemento da cidade: desde a importancia do sector pesqueiro en Vigo e o seu Porto, a súa orixe en 1881, ou os elementos de maior relevancia histórica e cultural, como, por exemplo, a Batalla de Rande, a Illa de San Simón ou o papel do Porto durante a época da emigración galega.
Ao mesmo tempo, o sendeiro mostrará os importantes valores ecolóxicos da Ría de Vigo, así como os mecanismos impulsados desde a APV para minimizar o impacto ambiental das infraestruturas costeiras e as actuacións encamiñadas a poñer ao dispor da cidadanía novas áreas de esparexemento, demostrando, deste xeito, que é posible compatibilizar o desenvolvemento económico e industrial do Porto cun óptimo estado ecolóxico da contorna.
Tal e como destaca o máximo responsable portuario, Carlos Botana: “Queremos seguir traballando xuntos para preservar e promover a historia, a beleza e o valor do noso Porto”.



