spot_img
InicioVigo e áreaVigoO Porto de Vigo acolle unha exposición que pon en valor o...

O Porto de Vigo acolle unha exposición que pon en valor o traballo das redeiras

o-porto-de-vigo-acolle-unha-exposicion-que-pon-en-valor-o-traballo-das-redeirasO Tinglado do Porto de Vigo acolle ata o vindeiro venres, 30 de maio, unha exposición que trata de poñer en valor o traballo invisibilizado, manual e colectivo das redeiras, artesás fundamentais para a economía e a cultura marítima galega.

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

Baixo o título de “ESCOITAR”, a mostra, que recolle obras de artistas como Loreto Martínez Troncoso, Alejandra Pombo, Vanessa Dorrei, Emilia Guimeráns, Ana Rosa Lista ou Irene Trapote, entre moitas outras, abriu esta tarde as súas portas ao público.

Tal e como lembrou o máximo responsable portuario, Carlos Botana, na inauguración deste novo espazo, que tivo como anfitrioas ás Redeiras O’Cerco de Cangas, esta mostra é un recoñecemento ao seu papel fundamental na historia e o presente do traballo marítimo galego. “As rederas do Porto Pesqueiro de Vigo forman parte do patrimonio cultural da Galicia mariñeira”, subliñou. Un oficio centenario, desempeñado na súa maioría por mulleres, e que, de forma artesanal, consiste en reparar as redes e aparellos de pesca dos barcos de baixura. Un traballo tradicional pero que aínda perdura en pleno século XXI.

“Trátase dun dos oficios con maior tradición no Porto de Vigo, mesmo anterior á existencia do propio Porto Pesqueiro, onde as mulleres dos pescadores reparaban as súas redes nos soportais do Berbés, mentres os barcos atracaban na praia contigua, de aí a relevancia desta actuación”.

A mostra está impulsada por EMRA2EMRA co apoio do Porto de Vigo e reúne a unha ducia de artistas que reflexionan sobre o traballo invisible, colectivo e feminino na contorna marítima galego.

A exposición estará aberta ao público no seguinte horario: • Sábado, 24 de maio: 18:00 – 21:00 • Domingo, 25 de maio: 12:00 – 14:00 • Luns 26 ao venres 30 de maio: 18:00 – 21:00

Mellorar a operativa e as condicións laborais e de seguridade

Conscientes de que este oficio, que sempre se foi transmitindo de nais a fillas, necesita un recoñecemento profesional para a súa conservación e pervivencia, a institución presidida por Carlos Botana apostou por mellorar a operativa e as condicións laborais e de seguridade deste colectivo, imprescindible para o sector pesqueiro. Trátase, con todo, de “un primeiro paso” que, segundo asegura o propio Botana, “pretende converter a Vigo no porto basee e refuxio da pesca artesanal grazas ao diálogo e a acción”.

o-porto-de-vigo-acolle-unha-exposicion-que-pon-en-valor-o-traballo-das-redeiras

Para logralo, rehabilitará unha antiga nave situada na dársena nº2 do Porto Pesqueiro, a continuación de Portocultura. O proxecto pretende converter esta nave, empregada ata o de agora como almacéns de armadores, nun lugar de almacenamento e extensión das redes dos barcos de baixura, dotado de modernos sistemas de izado, ademais de crear unha zona de traballo no interior da nave, dotada de vestiarios e aseos, para o colectivo das rederas, onde poderán arranxar as redes.

Aposta pola substitución xeracional

Con esta actuación, a APV e a Asociación de Redeiras pretenden apoiar este oficio de gran destreza e que se foi transmitindo de nais a fillas durante séculos, polo que tamén se habilitará un espazo anexo ao edificio que servirá como escola, para formar a novas xeracións, e museo, que será visitable.

Así mesmo, e aproveitando o acondicionamento da nave, mellorarase a eficiencia enerxética da mesma mediante a instalación de novos elementos de iluminación con tecnoloxía led.

Integrado na cidade

O futuro edifico manterá a mesma estética que o seu xemelgo de Portocultura e estará integrado na cidade. Segundo destaca Carlos Botana: “Queremos que os cidadáns poidan coñecer a nosa historia e cultura marítimo-portuaria a través de oficios tradicionais como o das redeiras”, xa que “se hai unha zona que ten o encanto dun porto pesqueiro tradicional, é esta, onde hai un mareógrafo e atraca a frota pesqueira de baixura e os barcos de marisqueo da Confraría de Pescadores de Vigo. Unha das zonas de maior encanto do Porto”.

A nave para reformar ten unha superficie de 500 m2, e a súa rehabilitación contará cun orzamento de 760.816,01 € sen IVE, cofinanciado con fondos FEMPA (70%) e un prazo de execución de 8 meses.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.