spot_img
InicioGaliciaO piragüismo galego homenaxeará os catro padexeiros galegos que representaron o noso...

O piragüismo galego homenaxeará os catro padexeiros galegos que representaron o noso país nas olimpíadas de Brasil 2016.

O piragüismo galego homenaxeará os catro padexeiros galegos que representaron o noso país nas olimpíadas de Brasil 2016.

A xunta directiva da federación galega de piragüismo fallaba na noite do mércores día 2 de novembro os premios da tempada 2016. A entrega dos mesmos será o próximo 14 de xaneiro de 2017, na gala anual que se vai a celebrar no auditorio municipal da localidade coruñesa de Rianxo.

O gran protagonista da noite será o viveirense Cristian Toro actual campión olímpico en K2 200 metros xunto co ilerdense Saúl Craviotto, Toro será galardoado co premio ao mellor deportista masculino. Óscar Carrera e Rodrigo Germade compoñentes do K4 español que conseguiu a quinta posición na final de 1000 metros levarán o accésit ao mellor padexeiro masculino.

Como mellor piragüista feminina repite un ano máis Teresa Portela,  o sexto posto na final olímpica del K1 200 nos seus quintos JJOO lle fai merecedora deste galardón nesta tempada.

A mellor  promesa masculina recaeu sobre David Barreiro en augas tranquilas e Manuel Ochoa en Slalom, polo contrario Camila Morison comparte premio como mellor promesa feminina con Natalia García despois de que ambas conseguisen a medalla de prata na final del k4 500 metros nel mundial de Bielorrusia e na modalidade de slálom a Ainoha Lameiro

David Costa Bouzada preparador responsable da modalidade de canoa no CGTD se lle fará entrega da distinción de mellor adestrador 2016. Ademais Miguel García adestrador dos dos últimos campións olímpicos Cristian Toro e Carlos Pérez levará o premio honorífico nesta categoría.

A directiva presidida por Jose Alfredo Bea tamén quere recoñecer a grandísima labor de difusión e aumento do coñecemento do noso deporte a Manuel Isorna Folgar polo seu traballo como director del VI Congreso internacional de adestradores de Catoira 2016.

A elección como mellor club do 2016 recae sobre o Club Piragüismo Breogán do Grove que esta tempada conseguíu a primeira posición na Copa da Raíña e O Penedo  por facer historia o gañar por primeira vez un club galego a liga nacional de Slálom de xovenes promesas nacionais,

O 50º aniversario do Descenso do Eume  é a mellor regata do ano, neste apartado se lle  concede unha mención especial ao Trofeo Princesa de Asturias, despois de recuperar a esencia da competición co seu recorrido desde Portonovo hasta a cidade de Pontevedra.

Este 2016 será especial para a internacional Lucia Fernández Espiño que se consagra como mellor árbitro da tempada.

Os directivos de la federación galega decidiron outorgar o premio a traxectoria deportiva a Óscar Graña e Ramón Ferro. A dupla tudense conseguíu nesta tempada a súa decimonovena medalla internacional desde que debutaran no ano 2003 no campionato de Europa de Polonia.

Na gala Rianxeira  farase unha homenaxe a Santiago Leyenda Villar, polo seu incansable labor como fotógrafo do piragüismo galego en todas as competicións do calendario, ademáis da difusión do seu traballo nas redes sociais, que posibilita a todos os afeccionados ao piragüismo a gozar das súas maravillosas fotos.

O resto de premios son para La Brillat como mellor colaborador en la organización del Campionato de Europa de Maratón de Pontevedra, o mellor medio de comunicación será premiado o Grupo La Rexión (+deporte, teleminho) en agradecemento ao gran seguimento do piragüismo neste 2016.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.