spot_img
InicioBaixo MiñoO piloto Adrián Malheiro presentoulle ao Concello de Tui o kart co...

O piloto Adrián Malheiro presentoulle ao Concello de Tui o kart co que competirá esta temporada

o-piloto-adrian-malheiro-presentoulle-ao-concello-de-tui-o-kart-co-que-competira-esta-temporadaO xove piloto tudense Adrián Malheiro, de 8 anos,  presentou hai uns días ao Concello de Tui o novo kart marca Praga, modelo Piccolo, motor ROTAX 125 co que competirá esta temporada. No seu chasis leva o escudo do Concello de Tui.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, acompañado polo concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, e outros membros do goberno local, coñeceu así de primeira man o vehículo co que Adrián Malheiro aspira tamén este ano a participar no Mundial de kart coma fixo xa en 2014 e 2015.  Este deportista aproveitou amais para depositar no Concello de Tui o trofeo dunha das probas da Copa Rotax que gañou o ano pasado.

Na actualidade Adrián Malheiro é bicampión de Portugal Rotax 125 Micro Max, sendo o piloto máis novo en gañar esta competición.

Este xove piloto comezará a competición oficial o próximo mes de febreiro coas primeiras probas puntuables para o Campionato de Portugal. Mentres tanto está centrado nos adestramentos e na busca de patrocinadores que lle permitan participar tamén no Campionato de España, dado o elevado custe que ten que afrontar tanto nos adestramentos coma para acudir ás distintas competicións.

- Publicidade -spot_img