spot_img
InicioBaixo MiñoO PEPCHA do Conxunto Histórico Artístico de Tui entra na fase final

O PEPCHA do Conxunto Histórico Artístico de Tui entra na fase final

arquitectura-educativa-e-cidade-historica-tui-centran-as-visitas-culturais-guiadas-desta-fin-semanaA tramitación do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico Artístico de Tui, PEPCHA, entra na fase final.

A próxima semana o equipo redactor entregará o documento incorporando as suxestións realizadas pola Dirección Xeral de Costas no seu informe sectorial favorable, o derradeiro destes documentos que estaba pendente.

Unha vez se conte co Plan xa con estas últimas modificación será levado a Xunta de Goberno para a súa aprobación provisional. Logo o documento remitirase á  Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda que disporá dun prazo de dous meses para informar o PEPCHA.  Por último será o pleno da corporación municipal de Tui a que deba dar aprobación definitiva.

Laureano Alonso, concelleiro de Patrimonio, agarda que o Plan poida estar definitivamente aprobado entre xullo e setembro. Isto suporá explica “un avance importante para a rehabilitación no conxunto histórico e brindará seguridade xurídica para todos”

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.