spot_img
InicioO MorrazoBueuO peirao de Bueu acolle esta fin de semana o XL Campionato...

O peirao de Bueu acolle esta fin de semana o XL Campionato Galego de Bateis

o-peirao-de-bueu-acolle-esta-fin-de-semana-o-xl-campionato-galego-de-bateisO peirao de Bueu será o escenario dunha das probas do calendario de bateis máis importantes.

Revista Cousas de Nº24

Esta fin de semana, 19 e 20 de abril, disputarase na vila morracense o XL Campionato Galego de Bateis, que organiza a Federación Galega de Remo, o Club do Mar Bueu- Simei e o Concello de Bueu, co apoio da Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra. Precisamente, este martes tivo lugar a rolda de prensa para a presentación do evento, na que participaron Félix Juncal, alcalde de Bueu, Ricardo Verde, concelleiro de deportes, Manuel Juncal e Alberto Chapela, integrantes da directiva do Club do Mar Bueu- Simei, Juan Zunzunegui, da Federación Galega de Remo, Javier Tourís, deputado de acción comunitaria, equipamentos públicos, fondos europeos e Estación Fitopatolóxica Areeiro, e Daniel Benavides, Xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra.

O campionato disputarase a dobre xornada: o sábado terán lugar as clasificatorias a partir das 10.30 horas, e o domingo, as finais, que se poderán seguir dende as 11.00 horas, e no que participarán noventa e seis barcos participantes, de 14 clubs do norte e 11 do sur. Deste evento sairá a clasificación dos que irán ao Campionato de España de Bateis que se celebrará en Castro Urdiales.

o-peirao-de-bueu-acolle-esta-fin-de-semana-o-xl-campionato-galego-de-bateis

Félix Juncal, alcalde de Bueu, deu os parabéns ao Club do Mar de Bueu “porque se hai uns anos nos din que Bueu ía ser a sede de tantos campionatos importantes, non o creriamos”. Juncal destacou que “estamos diante dun evento no que conflúen todos os valores que representamos, como a colaboración entre as administracións, a capacidade de organizar actividades con gran participación, e tamén o labor de igualdade para contar con equipos tanto masculinos como femininos na competición”.

Manuel Juncal, presidente do Club, salientou que “é unha honra para o noso club organizar un dos eventos máis vivos de todo o remo, pero no que tamén hai moito esforzo e traballo”. Juan Zunzunegui, dende a Federación Galega de Remo, apuntou que no campionato coinciden todas as categorías do remo, dende alevín a absoluto, e que hai un gran nivel de competición.

Daniel Benavides, xefe provincial de deportes, identificou esta proba como “a gran festa do remo, na que tamén se demostra a súa boa saúde, tanto do presente coma do futuro, pois nela conflúe todo o seu músculo”. Na mesma liña interveu o deputado provincial Javier Tourís, quen reivindicou que “estes eventos son un bo escaparate da provincia” e que dende a institución se leva a cabo unha gran aposta polo deporte, coa posta en marcha de dous Plans Extraordinarios para Infraestruturas Deportivas e tamén axudas para clubs deportivos, das que se beneficia o Club do Mar.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.