spot_img
InicioO SalnésCambadosO Pazo Torrado de Cambados acolle ata finais de ano a exposición...

O Pazo Torrado de Cambados acolle ata finais de ano a exposición “Lebres como gacelas”

O Pazo Torrado de Cambados acolle ata finais de ano a exposición Lebres como gacelasA mostra que une poesía e fotografía e na que participan sete autoras con 21 poemas inspirados nas fotografías de  Eva Díez e Fran Herbello, é unha homenaxe a Xela Arias e pode visitarse ata o 30 de decembro no Pazo Torrado de Cambados.

Revista COUSAS DE Nº15

Despois do seu paso por Vigo, Caldas, Tui e Silleda, a exposición “Lebres como Gacelas”, promovida pola Deputación de Pontevedra en homenaxe a Xela Arias e que conxuga poesía e fotografía, xa está en Cambados onde se poderá visitar ata o 30 de decembro no Pazo Torrado.

Esta mostra toma como referencia o libro de Xela “Tigres coma cabalos”, onde a autora confrontaba cada un dos seus poemas con imaxes do fotógrafo Xulio Gil e reúne 21 poemas asociados a 21 imaxes fotográfica. Son sete mulleres da escrita galega, Tamara Andrés, Alba Cid, Lorena Conde, Lara Dopazo, Miriam Ferradáns, Olga Novo e Antía Otero, as que amosan as súas obras poéticas creadas ex profeso para a exposición e inspiradas nas fotos dos artistas referentes Eva Díez e Fran Herbello.

‘Lebres coma Gacelas’ arrincou no Pazo Torrado de Concello de Cambados coa poesía en vivo de Antía Otero e Alba Cid arroupadas polas notas musicais do trío de cámara Violoncolor, do Conservatorio de Cambados

As obras presentes na exposición retratan o corpo e a contorna cunha ollada fixa na realidade máis inmediata. Temas como a arquitectura, especialmente relacionada coa paisaxe, están moi presentes nas distintas obras da exposición, así como a pegada do corpo humano na vivenda e nas citadas paisaxes.

- Publicidade -spot_img