Inicio Pontevedra O Pazo de Pías acolleu esta mañá a master-class do Quinteto de...

O Pazo de Pías acolleu esta mañá a master-class do Quinteto de Chris Cheek co 40 músicos e aficionados de toda Galicia

Pazo-Pías-acolleu-esta-mañá-master-class-Quinteto-Chris-Cheek-40-músicos-aficionados-toda-Galicia

O Pazo de Pías, en A Ramallosa, acolleu esta mañá a master-class do quinteto de Chris Cheek, a que asistiron 40 músicos e afecionados de toda Galicia e incluso de comunidades veciñas como Asturias.

A master-class é o punto de saída do IX Festival  Nigranjazz organizado polo Concello de Nigrán e que arranca esta noite ás 21.00 horas no auditorio de A Foz do Miñor coa actuación do vibrafonista catalán Andreu Vilar Trío, quen se acompañará na batería da galega Naima Acuña e no contrabaixo do cubano afincado en Galicia José Manuel Díaz.

A continuación, ás 22.30, é o concerto estelar do quinteto de Chris Cheek, considerado un dos mellores saxofonistas do mundo, que tocará, entre outros, co xenio mundial da batería Jorge Rossy ou os cataláns Jaume Llombart ao baixo eléctrico e David Soler  en pedal guitar.

Á medianoite o festival trasládase a ‘O Cafeciño’, na Ramallosa, co chileno Pablo Menares Trio, un dos máis aclamados do seu país e de EEUU, onde forma parte da escena habitual do circuíto de jazz, especialmente en New York, cidade na que reside dende 2009.

Nesta ocasión acompañarase do pianista vigués tamén afincado en New York Iago Vázquez e o baterista do Morrazo Iago Fernández, dous dos máis recoñecidos músicos galegos.

A continuación terá lugar a clásica Jam-Session á que se poderán sumar tódolos músicos que o desexen.

Pazo-Pías-acolleu-esta-mañá-master-class-Quinteto-Chris-Cheek-40-músicos-aficionados-toda-Galicia

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
289SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies