·Publicidade ·spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaO Pavillón da Marisma acolle este mércores 29 de setembro a Copa...

O Pavillón da Marisma acolle este mércores 29 de setembro a Copa Galicia de Baloncesto en Cadeira de Rodas

O Pavillón da Marisma acolle este mércores 29 de setembro a Copa Galicia de Baloncesto en Cadeira de RodasAbeconsa Basketmi de Ferro e Iberconsa AMFIV de Vigo, disputarán esta final que dará comezo ás 20 horas

O Pavillón da Marisma, en Redondela, acolle este vindeiro mércores, 29 de setembro, a final da Copa Galicia de Baloncesto en Cadeira de Rodas, unha cita que enfrontará ao Abeconsa Basketmi do Ferrol e ao Iberconsa AMFIV de Vigoa partir das 20 horas

O evento foi presentado na mañá de hoxe, na Praza do Concello de Redondela, presidido pola alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, á que acompañaban a secretaria da Federación Galega de Deporte Adaptado, Susana García; o director técnico da Federación, Domingo Salinas; José Manuel Freire, coordinador de Deporte Escolar, en representación da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e Nacho González, concelleiro de Deportes do Concello de Redondela.

Na presentación participaron tamén dous xogadores e unha xogadora do Iberconsa Amfiv, María Luisa Chirinos, Fabian Daniel Romo e Agustín Alejos, este último participante nas últimas paraolimpiadas de Tokio formando parte da selección española.

Susana García quixo, nas súas palabras, “agradecer a extraordinaria disposición do Concello de Redondela á hora de acoller esta final” na que participan os dous representes Galegos na Liga Española de Baloncesto en cadeira de Rodas, o Iberconsa AMFIV que milita na División de Honra en o Abeconsa Basketmi que o fai na Primeira División.

Destacou a secretaria da Federación Galega de Deporte Adaptado “o bo nivel que ten o baloncesto adaptado galego a nivel nacional” xa que os dous equipos que protagonizan esta final son os representantes da comunidade na Liga e no caso do AMFIV remata sempre en lugares destacados.

Digna Rivas, pola súa banda, agradeceu á Federación que elixira Redondela “para a disputa dun encontro de alto nivel e que pon o punto de atención sobre o deporte adaptado”. A alcaldesa destacou o traballo que realiza a Federación nese sentido e asegurou que “poden contar con Redondela para todos cantos eventos deportivos queiran realizar”.

Así, o mércores 29 a partir das 20 horas, o pavillón da Marisma encherase de baloncesto de alto nivel nun encontro que estará rexido polo protocolo Fisicovid da Federación Galega de Deporte Adaptado e aprobado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies