spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaO Paseo Marítimo de Chapela escenario natural dunha nova edición do «Berete...

O Paseo Marítimo de Chapela escenario natural dunha nova edición do «Berete Rock»

O Paseo Marítimo de Chapela escenario natural dunha nova edición do «Berete Rock»A décima edición do festival, todo un referente no calendario galego do rock, volta destacar cun cartel “potente” nun marco natural de excepción como é o Paseo Marítimo de Chapela

Revista COUSAS DE Nº18

O vindeiro sábado 5 de agosto, o Paseo Marítimo de Chapela volverá a converterse nun extraordinario escenario natural para acoller a décima edición do «Berete Rock» organizado pola Asociación Berete Rock e o Concello de Redondela, a través da Concellería de Cultura que dirixe Mª Rita Pérez.

“Este festival é unha das citas máis importantes do ano e este goberno mantén o seu compromiso con todas as asociacións e colectivos para que, cada ano se supere a oferta cultural do noso municipio ” asegurou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, na presentación do X Berete Rock.

“O ano pasado retomouse este festival, tralos anos da pandemia, e grazas a ilusión e o traballo da asociación Berete Rock, esta décima edición será un referente da música rock en toda Galicia”

Así, a partir das 21 horas do vindeiro 5 de agosto, actuarán no Paseo Marítimo de Chapela Aphonnic, Keltoi, The Lelli Kelly´s, The Soul Jacket e Monstrencos e como en anos anteriores todos os concertos serán de libre acceso e de balde.

Un dos grandes méritos do Berete Rock e terse convertido nun festival con nome propio e cita imprescindible para os amantes dun xénero “que non sabe de idades”, asegura Digna Rivas.

- Publicidade -spot_img




[adrotate group="1"]