Inicio Galicia O Parque da Cultura Castrexa de 'San Cibrao de Las' percorre nunha...

O Parque da Cultura Castrexa de ‘San Cibrao de Las’ percorre nunha mostra a evolución humana

o-parque-da-cultura-castrexa-de-san-cibrao-de-las-percorre-nunha-mostra-a-evolucion-humana

Promovida polo Centro de Investigación de Evolución Humana, a exposición foi inaugurada o venres polo secretario xeral de Cultura.

O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las ofrécelles aos seus visitantes un percorrido pola realidade evolutiva do ser humano a través dunha mostra temporal que afonda nas dinámicas de relacións entre as persoas desde as súas orixes.

‘Evolución en clave de género’ é o título desta exposición itinerante promovida polo Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana e que foi inaugurada esta tarde polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e polo director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, Xulio Rodríguez.

A través dunha vintena de paneis, “temos a oportunidade de viaxar por unha realidade evolutiva na que a supervivencia e a reprodución son a base para o avance da especie, unha consecución na que tanto homes coma mulleres xogan un papel fundamental”, afirmou durante a presentación Anxo Lorenzo.

Compromiso coa ciencia e coa cultura

“Este proxecto enmárcase no compromiso coa ciencia e coa cultura como partes esenciais do desenvolvemento da nosa sociedade”, dixo o secretario xeral, quen destacou a capacidade da exposición para “sistematizar e ofrecer unha imaxe elocuente e innovadora” do que foi a convivencia entre mulleres e homes nos comezos da presenza do ser humano sobre o planeta.

O público que visite nas próximas semanas esta mostra terá a oportunidade de entender dun xeito máis acorde coa realidade como se desenvolveu a configuración da nosa sociedade nas súas orixes e poderá facelo “desde este punto de referencia para a difusión da pegada das civilizacións prehistóricas que é este Parque Arqueolóxico da Cultura Castraxe de San Cibrao de Las”, afirmou, un espazo fundamental para coñecer a cultura castrexa do noroeste peninsular, a través dun dos seus elementos máis significativos: o castro.

O Parque da Cultura Castrexa de ‘San Cibrao de Las’ percorre nunha mostra a evolución humana

O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa

Situado en San Cibrao de Las, nos concellos de San Amaro e Punxín (Ourense), o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa da Consellería de Cultura e Educación ofrece as claves da cultura castrexa en Galicia a través dos seus asentamentos: os castros. Este conxunto arqueolóxico destaca pola gran superficie que ocupa, aproximadamente unhas 10 hectáreas, e polo bo estado de conservación deste castro representativo da etapa final da cultura castrexa, que se calcula que foi habitado desde o s. II a.C. ata o s. II d.C.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

32FansGóstame
260SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies