spot_img
InicioGaliciaCompostelaO obradoiro de emprego "Ecotur xuvenil" acondicionará tres zonas de interese para...

O obradoiro de emprego “Ecotur xuvenil” acondicionará tres zonas de interese para a cidade de Santiago de Compostela

obradoiro-emprego-Ecotur-xuvenil-acondicionará-tres-zonas-interese-cidade-Santiago-Compostela

Participan 34 mozos e mozas que realizarán labores de acondicionamento no sendeiro de Galeras a Ponte Albar, na rota dos Ríos e nas “Brañas do Sar”.

Os concelleiros de Medio Ambiente, Xan Duro; de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte; e de Emprego e Promoción Económica, Marta Lois, realizaron unha visita esta mañá ao obradoiro de emprego “Ecotur Xuvenil”, na zona de acondicionamento do sendeiro de “Brañas de Sar”.

obradoiro-emprego-Ecotur-xuvenil-acondicionará-tres-zonas-interese-cidade-Santiago-CompostelaTrátase dun programa xestionado pola Área de Emprego do Concello de Santiago que ten como obxectivo “mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, menores de 30 anos, que estén inscritos no Servizo de Garantía Xuvenil”. No obradoiro foron seleccionadas 34 persoas que realizarán durante 6 meses labores de acondicionamento de tres zonas de grande interese medioambiental para a cidade, como son o Sendeiro de Galeras a Ponte Albar, a Rota dos Ríos e o sendeiro “Brañas de Sar”.

A concelleira de Promoción Económica e Emprego destacou que “a parte do enorme interese que esperta na veciñanza o acondicionamento destas zonas para o ocio e o esparcemento, tamén é moi importante para a atracción turística, como un dos motores a cidade”. Isto da orixe a unha nova tendencia de facer turismo, a cal nos queremos contribuir con este proxecto de promoción do turismo alternativo, tomando como referencia os ríos de Compostela.

O programa ten tres especialidades formativas: instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, pavimentos e albanelería de urbanización e colocación de pedra natural.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.