spot_img
InicioGaliciaO novo programa Leader permitirá continuar co asentamento de poboación no rural...

O novo programa Leader permitirá continuar co asentamento de poboación no rural e a creación de emprego estable

o-novo-programa-leader-permitira-continuar-co-asentamento-de-poboacion-no-rural-e-a-creacion-de-emprego-estable-a-traves-dun-investimento-de-84-millons-de-euros

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou esta mañá as vantaxes do novo programa Leader, que permitirá continuar coa senda de creación de emprego e o asentamento de poboación no rural. Este programa conta cun orzamento de 84 millóns para investir ata 2020 en proxectos específicos de desenvolvemento do rural.

comillasÁngeles Vázquez visitou esta mañá a granxa de galiñas poñedoras que Agro Avícola 3 construíu no concello de Dozón grazas a unha axuda de 250.000 euros, no marco do Programa de Desenvolvemento Rural

Así o explicou a titular de Medio Rural nunha visita a Agro Avícola 3, unha explotación de galiñas poñedoras posta en marcha precisamente cunha achega de 250.000 euros a través dos Grupos de Desenvolvemento Rural.

comillasEsta granxa utiliza as tecnoloxías TIC para mellorar a eficiencia da explotación así como para mellorar as condicións hixiénicas e sanitarias dos animais

Ángeles Vázquez destacou esta granxa coma un “exemplo da innovación que debe incorporarse ao rural para a súa dinamización”. Nesta explotación, composta por dúas naves con capacidade para 16.720 galiñas e galos reprodutores, incorporáronse as tecnoloxías TIC para facela máis eficiente. Ademais, é máis respectuosa cos animais, cun maior espazo no nidal e mellores condicións hixiénico-sanitarias. Durante a súa visita, Vázquez puido comprobar que toda a instalación ten un control centralizado, que permite controlar a explotación dende calquera punto con acceso a internet.

A axuda concedida foi de 250.000 euros, que procedeu nun 75% dos Feader, nun 12% do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente e o 13% da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), dentro do programa Leader.

Actualmente, o novo Leader está na fase de constitución dos 24 GDR, entidades sen ánimo de lucro integradas por socios públicos e privados da comarca en cuestión e que serán os que seleccionen os proxectos que optarán a unha achega da Xunta para levar a cabo a súa estratexia de desenvolvemento.

Preto de mil novos postos de emprego
Deste xeito, dáse continuidade ao Leader 2007-2013, que permitiu sacar adiante 2.183 proxectos relacionados co desenvolvemento rural en Galicia ata o ano 2015. A través destas iniciativas consolidáronse ata 4.949 postos de traballo e creáronse 957 novos empregos.

Nestes anos. o importe das subvencións concedidas foi de 91,7 millóns de euros, que xeraron no rural un investimento total de máis de 226 millóns de euros. Así, a conselleira insistiu na necesidade de seguir traballando nesta senda para “crear novas empresas, consolidar as xa existentes e que, entre outras cousas, a mocidade poida ver no rural unha alternativa de futuro”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.