A inauguración deste novo tramo, co que se completa un sendeiro azul de 7,4 km de lonxitude que percorre toda a fronte marítima, reuniu a unha ampla representación de autoridades nacionais, autonómicas e locais.
A Autoridade Portuaria de Vigo e a Xunta de Galicia han oficializado esta mañá a apertura á cidade dun novo paseo totalmente accesible na zona dos estaleiros.
Un acto que congregou no Porto de Vigo a unha ampla representación de autoridades nacionais, autonómicas e locais. Así, a inauguración deste novo espazo estivo presidida polo máximo responsable do Goberno galego, Alfonso Rueda e o presidente da APV, Carlos Botana; acompañados polo secretario de Estado de Transportes e Movilidade Sostible, José Antonio Santano; do alcalde da cidade, Abel Caballero; a titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, de Política Social e Igualdade, Fabiola García Martínez; do presidente de Portos do Estado, Álvaro Rodríguez Dapena; do delegado e subdelegado do Goberno, Pedro Blanco e Abel Losada; do delegado de Zona Franca, David Regades; da delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz; da vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez; da directora da Axencia Europea para o Control da Pesca (EFCA), Susan Steele; do director da Once en Vigo, Roberto Gaspar; e da presidenta da Federación de Autismo de Galicia, Mercedes Fernández. Xunto a eles, outras autoridades civís e militares, a Comunidade Portuaria, veciños e comerciantes.
Unha “ampla representación de autoridades” como destacou o propio Botana durante a súa intervención, o que, ao seu xuízo, demostra a importancia de “a colaboración e a cooperación entre administracións” para “seguir avanzando e converternos nun porto forte e de futuro”. “Debemos desenvolver a capacidade de escoita activa e lograr acordos que moitas veces parecen imposibles”.
Compatibilizar a actividade portuaria co uso cidadán
Segundo indicou, esta actuación, que compatibiliza a actividade portuaria cun uso cidadán, foi posible grazas á colaboración da Xunta de Galicia, que achegou 3,5M€ para a senda ciclo-peonil de O Berbés, xa en servizo, e o novo paseo que discorre entre a glorieta da praza da Industria e a igrexa de San Miguel de Bouzas.
Ambas as intervencións forman parte dun sendeiro azul de 7,4 km de lonxitude que percorre toda a fronte portuaria, desde o Arenal ata Bouzas. “Só dous Portos teñen esta distinción e Vigo é o primeiro porto que o ten nun tramo urbano”, destacou.
Remodelación integral da Avenida
A actuación, que abarca 1,5 km, consistiu nunha remodelación integral da Avenida, incluíndo a reordenación dos aparcamentos existentes, o que permitiu a implantación de novos estacionamentos para motos, a creación dun novo aparcamento xunto ao CSIC e o instituto Audiovisual e a redistribución do aparcamento do Liceo para aumentar o seu número de prazas. Ademais, completouse coa instalación de 30 aparca bicis ao longo do tramo.
A obra supuxo, por tanto, a creación de máis de 11.300 m2 de superficie para peóns e ciclistas, 1.400 m2 de zonas axardinadas que contan con diversas especies arbustivas e con máis de 140 árbores, así como a implantación de novos elementos de mobiliario urbano.
Destaca, sobre todo, a actuación levada a cabo na contorna da Curva de San Gregorio, onde se creou unha xanela aberta ao mar que acolle unha zona estancial, duns 750 m2, e que conta con 180 m2 de zonas axardinadas, bancos de pedra, tres pérgolas e iluminación LED integrada.
O proxecto de “Mellora da mobilidade e humanización do vial de Beiramar na Zona de Estaleiros”, foi redactado pola enxeñería OTIMA, especializados, entre outros, no desenvolvemento de proxectos de enxeñería urbana, mentres que a construtora encargada de acometer a humanización foi CIVIS GLOBAL.
Un proxecto pioneiro en España
O novo espazo caracterízase pola súa accesibilidade, xa que foi deseñado coa colaboración da Federación Autismo Galicia e o Grupo Social Once co obxectivo de que sexa un espazo accesible para as persoas con dificultades cognitivas (trastorno do espectro autista) e colectivos con dificultade visual.
Trátase dun proxecto pioneiro en España en canto á dotación dentro dunha infraestrutura urbana dun novo sistema de información adaptada para estes colectivos, destinada a superar as barreiras cognitivas e de comunicación e facilitando a súa participación e interacción de maneira autónoma.
Para iso, optouse por unha abordaxe global dentro da accesibilidade, proporcionando estratexias, cartelería, materiais, e anticipacións prácticas, para fomentar a participación tanto das persoas con autismo, como das persoas con dificultades cognitivas.
Todo iso tradúcese na eliminación de barreiras arquitectónicas, que permiten o paseo de persoas con mobilidade reducida, o deseño de encamiñamentos seguros para persoas con dificultade visual e a disposición de mapas cognitivos, accesibles en varios puntos do tramo con códigos QR e información adaptada e comprensible para estes colectivos.
Unha senda ciclo peonil que, segundo destacou o presidente da APV foi “creada por e para os cidadáns e que aúna, ademais, os tres piares fundamentais da nosa estratexia e do Marco Estratéxico de Portos do Estado: un Porto integrado co ecosistema e coa cidade, sen perder a súa esencia económica e industrial”.
O obxectivo é ampliar esta estratexia nun curto prazo de tempo ao conxunto do 7,5 km de todo a fronte portuaria humanizada.



