spot_img
InicioVigo e áreaVigoO Museo do Mar de Galicia acolle a exposición ‘Viquingos. Unha ollada...

O Museo do Mar de Galicia acolle a exposición ‘Viquingos. Unha ollada desde Galicia’

o-museo-do-mar-de-galicia-acolle-a-exposicion-viquingos-unha-ollada-desde-galicia
A titular de Cultura da Junta de Andalucía acomapañada do conselleiro José López Campos

O proxecto expositivo inclúe 75 pezas procedentes de museos de Suecia, Galicia e Andalucía, cuxo Goberno autonómico estivo representado na inauguración desta tarde pola titular do seu departamento de Cultura,o-museo-do-mar-de-galicia-acolle-a-exposicion-viquingos-unha-ollada-desde-galicia. O Concello de Tui colabora coa cesión dunha maqueta da Catedral tudense.

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou este luns no Museo de Mar de Galicia Viquingos. Unha ollada desde Galicia, exposición con carácter internacional que permitirá ao público descubrir a pegada que deixaron na nosa cultura as incursións dos pobos nórdicos ao longo da Idade Media. A mostra, que se poderá visitar en Vigo ata o 28 de setembro, reúne 75 pezas procedentes de museos e institucións de Suecia, Galicia e Andalucía.

Calidoscopio de culturas

Grazas á contribución procedente de Andalucía, inaugurouse un proxecto expositivo que López Campos definiu como “un enriquecedor calidoscopio” ao divulgar tres culturas que se influíron entre si. Deste xeito, Viquingos. Unha ollada desde Galicia retrata a forma de vivir no noso territorio na altura en que chegaron as invasións dos pobos nórdicos e os costumes da sociedade viquinga —cunha idiosincrasia que vai moito máis alá da imaxe violenta que habita no imaxinario colectivo—, pero tamén debulla o contexto histórico da contorna peninsular, dominada naquela época polo esplendor que os califatos musulmáns viviron nos territorios da antiga Al-Ándalus.

o-museo-do-mar-de-galicia-acolle-a-exposicion-viquingos-unha-ollada-desde-galicia

Moedas, lámpadas e ferramentas procedentes de Andalucía actúan así de pano de fondo para os obxectos cedidos por institucións galegas como o Museo Provincial de Pontevedra, o Museo Arqueolóxico de Ourense, o Museo da Catedral de Santiago ou a Diocese de Mondoñedo-Ferrol. Os seus fondos servirán para conformar unha idea clara de como era a vida en Galicia naquela altura, ao carón de utensilios, xoias e armas procedentes do Museo de Gotland, centro sueco de referencia internacional no estudo da cultura viquinga.

O Museo do Mar de Galicia conta nesta exposición con outras pezas singulares como a recreación de gran parte dun navío viquingo realizado en pezas de cartón polo estudio galego Cenlitros a partir dos exemplares conservados no Museo de Barcos Viquingos de Roskilde (Dinamarca) ou catro pezas audiovisuais animadas con ilustracións de David Rubín, un dos autores galegos de banda deseñadas con maior proxección internacional. Nestas fitas, Rubín achéganos elementos diversos da cultura e da mitoloxía viquinga.

Tui presente na mostra “Viquingos. Unha Ollada Desde Galicia”

Viquingos. Unha ollada desde Galicia da continuidade á exposición celebrada no pasado ano no Gaiás.  O Concello de Tui colabora nesta exposición  coa cesión dunha maqueta da catedral tudense, obra de José Martínez Clotet, que ilustra un dos capítulos más coñecidos da presenza dos viquingos na nosa terra como foi o ataque dirixido por Olaf Haraldsson, posteriormente rei de Noruega e declarado santo por cristianizar o seu reino. Nesta razzia, nas primeiras décadas do século XI foi asolada a cidade, destruída a catedral e secuestrado o bispo Afonso facéndose os invasores cun importante botín.

o-museo-do-mar-de-galicia-acolle-a-exposicion-viquingos-unha-ollada-desde-galicia

En representación do Concello de Tui asistiu o seu alcalde, Enrique Cabaleiro, quen salientou que nesta actividade expositiva podemos comprobar, nunha nova oportunidade, o protagonismo da cidade de Tui na historia de Galicia, testemuñado no amplo patrimonio cultural que atesoura á cidade miñota. Neste sentido dende o Concello de Tui comezaron os pasos para a incorporación do municipio á Destination Viking Association  a entidade encargada da xestión da “Ruta viquinga”, itinerario cultural europeo do Consello de Europa que agrupa a institucións, museos entidades académicas, empresas e organizacións sen ánimo de lucro que  promoven, investigan e difunden o patrimonio vinculado ao mundo viquingo e traballan na oferta de produtos turísticos de calidade. A asociación abrangue todos os países que os viquingos de Escandinavia visitaron durante a chamada época viquinga.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.