spot_img
InicioVigo e áreaVigoO Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) acolle a mostra de...

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) acolle a mostra de Susanne Themlitz “A linguaxe das cousas mudas”

o-museo-de-arte-contemporanea-de-vigo-marco-acolle-a-mostra-de-susanne-themlitz-a-linguaxe-das-cousas-mudasAs salas da planta baixa do MARCO acollen o proxecto co que Susanne Themlitz quere chamar á reflexión sobre a memoria dos materiais, a vida do centro e a súa contorna, cunha montaxe que busca a sorpresa do público ao formular de modo diferente cada espazo expositivo.

Revista Cousas de Nº23

No acto de presentación e acompañando á artista estiveron o alcalde de Vigo e presidente da Fundación MARCO, a teniente de alcalde, Carmela Silva e Miguel Fernández-Cid, director do MARCO e comisario da exposición.

o-museo-de-arte-contemporanea-de-vigo-marco-acolle-a-mostra-de-susanne-themlitz-a-linguaxe-das-cousas-mudas

“A linguaxe das cousas mudas” da artista Susanne Themlitz é unha mostra de ámbito mundial que transcende a Vigo e a toda España ata situarse nun nivel extraordinariamente amplo”, explicou hoxe o alcalde ao presentar esta nova cita cultural.

Os visitantes poderán contemplar no primeiro patio unha gran instalación visual e sonora construída con canas de bambú. A partir de aí, outra sala exponse como arquivo ou laboratorio da artista desde o que se transita a unha paisaxe habitada conformada por un conxunto de obras realizadas en distintos formatos. A exposición permite repasar os intereses artísticos da creadora, así como a evolución da súa obra e a mirada sobre Vigo.

Susanne S. D. Themlitz 

Dende que se deu a coñecer, a mediados dos anos noventa, en proxectos comisariados por Luís Serpa, Susanne S. D. Themlitz (Lisboa, 1968) defendeu unha práctica artística na que recorre aos medios e materiais máis próximos. As súas pinturas iniciais e obxectos de pequena escala e de tratamento denso, deron paso a fotografías e recreacións de paisaxes transportables, xeralmente habitadas por pequenos personaxes. Nas últimas décadas, dende a súa dobre residencia, portuguesa e alemá, formula unha obra ambiciosa na que plasma as ideas en debuxos e pinturas sobre papel ou muro, esculturas, fotografías, vídeos, obxectos, textos, xunto a materiais recollidos dos almacéns das instalacións nas que expón.

o-museo-de-arte-contemporanea-de-vigo-marco-acolle-a-mostra-de-susanne-themlitz-a-linguaxe-das-cousas-mudas

O seu proxecto para o MARCO, ademais de servir de reflexión sobre a memoria dos materiais, a vida do propio centro e a súa contorna, revisa as diferentes formulacións estéticas da artista, cunha montaxe que busca a sorpresa do público, ao pensar de modo diferente cada unha das salas. Susanne Themlitz constrúe un mundo con autonomía en cada espazo. A partir da grande instalación visual e sonora construída con canas de bambú no primeiro dos patios, a circulación pola planta baixa continúa por unha sala concibida a xeito de arquivo ou laboratorio da artista, e dende aí vai transitando pola idea dunha paisaxe habitada, a través dun conxunto de obras en distintos formatos que se van apropiando dos espazos.

A exposición permanecerá aberta no Museo Marco desde o vindeiro venres 8 de novembro ata o 13 de abril de 2025.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.