spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Multiusos Mercado de Sabarís acolle un Ciclo de Conferencias sobre a...

O Multiusos Mercado de Sabarís acolle un Ciclo de Conferencias sobre a Historia e a Cultura Naval

O Multiusos Mercado de Sabarís acolle a mostra de esculturas “Espazos fóra de Espazo”O Edifico Multiusos Mercado de Sabarís, en Baiona, acollerá mañá martes ás 19:30H., unha charla sobre “Desenvolvemento da Batalla De Lepanto” que será impartida polo coronel de Infantería de Mariña, D. José Cánovas García.

Revista Cousas De Nº19

Un día despois, o mércores 22 de novembro ás 19.30H., o ciclo de conferencias regresará ao Edificio de Sesións da APV para debater sobre a “Historia da Armada” da man, unha vez máis, do coronel de Infantería de Mariña, D. José Cánovas García.

Pechará o ciclo unha conferencia sobre o “Tte. Xrl. (Almte.) Blas De Lezo e Olavarrieta” o xoves, 23 de novembro, ás 19.30H.,  no Edifico Multiusos do Mercado de Sabarís.

A valorización da historia e a cultura marítima é o obxectivo dun dos grupos de traballo Blue Growth do Porto de Vigo. Os seus integrantes promoven a preservación e promoción do patrimonio marítimo e portuario da Ría de Vigo e a súa paisaxe cultural máis próximo, conscientes, ademais, do importante papel que a diplomacia cultural ten no deseño da acción exterior de Galicia. Para o máximo responsable portuario: “É importante coñecer o pasado para mirar cara ao futuro”

Pola súa banda, desde o Concello de Baiona, o seu alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, puxo en valor a vinculación histórica da vila co mar. “Baiona ten un pasado, un presente e un futuro ligado ao mar”, polo que “é un orgullo” apoiar unha iniciativa cultural como esta “cun dos portos máis importantes de Europa”.

O Porto de Vigo e o Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura,  acollen, ao longo do mes de novembro, un ciclo de conferencias sobre temas relacionados co ámbito da historia e a cultura naval, tanto de carácter histórico como actual, e que foron organizadas pola Comandancia Naval de Vigo.

Estas conferencias teñen un marcado carácter divulgativo, polo que están dirixidas ao público xeral e o seu acceso será libre ata completar aforo.

- Publicidade -spot_img




[adrotate group="1"]