spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Monte Real pon o broche de ouro ao Trofeo Repsol e...

O Monte Real pon o broche de ouro ao Trofeo Repsol e prepárase para as 52 SUPER SERIES

o-monte-real-pon-o-broche-de-ouro-ao-trofeo-repsol-e-preparase-para-as-52-super-series

A frota saíu este domingo de Sanxenxo rumbo a Baiona – Foto Lalo R Villar

O Monte Real quenta motores xa para acoller, do 2 ao 7 de xuño, a visita das 52 SUPER SERIES, o circuíto de monocascos máis prestixioso do mundo, que regresa a Galicia tres anos despois da súa estrea en Baiona.

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

Tras tres días de competición, este domingo concluíu nas Rías Baixas o Trofeo Repsol do Monte Real Club de Yates, cunha última etapa entre Sanxenxo e as illas Cíes na que a frota navegou cun vento do noroeste sostido duns 7 nós de media.

Despois de disputarse un percorrido do tipo barlovento-sotavento na xornada do xoves e unha segunda etapa costeira entre Baiona e Sanxenxo, o trofeo resolveuse nunha terceira e definitiva xornada sen grandes sorpresas, xa que os principais favoritos confirmaron o seu dominio garantíndose os postos do podio.

Os campións desta cuadraxésimo sétima edición da Regata de Primavera do Monte Real foron o Aceites Abril (ORC 1-3), o Deep Blue 2.1 (ORC 4-5), o Salaño Dous (A DOS), o Bonaventure (ORC EXTRA), o Gaifar IV (J80) e o Ladeira (FÍGARO).

A PRÓXIMA CITA: As 52 SUPER SERIES

Coa entrega de premios aos gañadores, na que participaron o presidente do MRCYB, José Luis Álvarez; a xefa de Mariña e Pesca de Repsol, Inés González Megido; o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña; e o xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides; o Monte Real deu por finalizado un trofeo máis dos oito que inclúe o seu calendario de regatas deste 2025.

A próxima cita é unha das grandes da tempada. As 52 SUPER SERIES regresan a Galicia tras o seu paso polas Rías Baixas por primeira vez en 2022. Do 2 ao 7 de xuño, o fondeadoiro das illas Cíes volverá converterse no escenario ideal para a competición dos espectaculares TP52 que participan no circuíto de monocascos máis importante do mundo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.