spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Monte Real Club de Yates (MRCY) acolle este fin de semana...

O Monte Real Club de Yates (MRCY) acolle este fin de semana a final do Campionato de España de Cruceiros

O Monte Real Club de Yates (MRCY) acolle este fin de semana a final do Campionato de España de CruceirosOs aspirantes a campión de campións disputaranse o trofeo en igualdade de condicións, navegando en barcos idénticos cedidos polo Monte Real

O Monte Real Club de Yates (MRCY) de Baiona acollerá este fin de semana o Trofeo Pobos Colombinos de España, do que sairá o gañador do Campionato de España de Cruceiros por zonas marítimas.

Trátase dun título ao que aspiran o cinco embarcacións que resultaron gañadoras nos campionatos de zona celebrados, ao longo deste 2014, en distintos puntos de España.

Na Zona Cantábrica subiuse ao podio o Salem, de Carlos Marton; na Andaluza gañou o Icue IV, de Carlos Sáez; e o Canarias Explosivo, de Lucio Pérez, impúxose na Zona Canaria. Nas zonas Atlántica e Mediterránea fixéronse coa vitoria dous barcos galegos, os Aceites Abril, de Luís Pérez Canle, e o Movistar, de Pedro Campos.

A estas cinco tripulacións uniráselles, na final do campionato, unha sexta elixida o club anfitrión. Será a formada polo equipo da medallista olímpica Sandra Azón, recente gañadora do Trofeo Ladies Cup do Monte Real Club de Yates.

As probas desenvolveranse os días 15 e 16 en augas da baía de Baiona, e os equipos participantes competirán en igualdade de condicións. Sairán ao mar en barcos idénticos, seis First Class Fígaro cedidos polo club baionés para a ocasión.

A final do Campionato de España de Cruceiros que se celebrará no Monte Real Club de Yates está organizada pola Real Federación Española de Vela e conta co patrocinio do Concello de Baiona e Pobos Colombinos de España.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.