spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Monte Real Club de Yates de Baiona celebra en 2025 os...

O Monte Real Club de Yates de Baiona celebra en 2025 os seus 60 anos de historia cun amplo programa de eventos

o-monte-real-club-de-yates-de-baiona-celebra-en-2025-os-seus-60-anos-de-historia-cun-amplo-programa-de-eventos
Grimpola

Un vídeo aniversario, unha exposición fotográfica, a recuperación de elementos clásicos, a publicación dunha revista, concursos, charlas e festas son algunhas das propostas que o club poñerá en marcha ao longo deste ano

Revista Cousas de Nº24

O Monte Real Club de Yates celebra neste 2025 os seus 60 anos de historia cun amplo programa de eventos que, durante os próximos meses, ofrecerán a socios e visitantes a posibilidade de coñecer un pouco máis un dos clubs náuticos máis importantes do mundo.

Tras mergullar no seu arquivo e traer ao presente moitos dos seus recordos máis significativos, o club decidiu poñer en marcha varias propostas para achegar a súa historia a todo aquel que queira descubrila. Recuperou o deseño da súa primeira grímpola, que loce xa en toda a imaxe do 60 aniversario; e tamén de trofeos clásicos, que se entregarán nalgunhas das competicións deste ano. Ademais, coas fotografías e textos dos fitos máis destacados deste últimas seis décadas, o Monte Real elaborará un vídeo, unha revista e unha exposición conmemorativas. Concursos fotográficos, charlas sobre temas náuticos e dúas festas especiais serán outras das propostas que forman parte do calendario do club para este 2025.

o-monte-real-club-de-yates-de-baiona-celebra-en-2025-os-seus-60-anos-de-historia-cun-amplo-programa-de-eventos

 

Un ano especial no que Galicia volverá estar no foco da vela internacional co regreso ás Rías Baixas do circuíto de monotipos máis importante do mundo. Tras visitar Baiona por primeira vez en 2022, as 52 SUPER SERIES volveron a elixir o Monte Real Club de Yates para como sede das súas probas neste 2025. As probas celebraranse do 2 ao 7 de xuño e reunirán aos mellores regatistas dos cinco continentes.

Será, sen dúbida, unha das citas máis importantes do programa deportivo do Monte Real, no que as súas dúas competicións con máis soleira, o Trofeo Príncipe de Asturias (5-7 de setembro) e o Trofeo Conde de Gondomar (24-27 de xullo), vivirán tamén un ano moi especial, porque están tamén de aniversario. Cumpren 40 e 50 anos respectivamente.

Os J80, polos que o club leva anos apostando con éxito, volverán ter un protagonismo destacado en 2025. A frota de monotipos con base en Baiona, que creceu de forma moi importante durante os últimos anos, participará en todas as competicións do club e terá, ademais, dous campionatos específicos, a liga de Inverno Baitra J80 (de febreiro a abril) e a liga de Inverno Gestilar J80 (de outubro a decembro).

O Trofeo Verde no mes de abril, o Trofeo Repsol en maio e o Campionato Gallego de dous en dous en xuño serán outras das regatas que encherán de veleiros as Rías Baixas, polas que o Monte Real tamén ofrecerá a posibilidade de navegar dunha forma máis lúdica, facendo o Camiño de Santiago unha nova edición do seu Roteiro Rías Baixas. Esta nova cita, que se celebrará do 30 de xuño ao 5 de xullo, será presentada o vindeiro xoves en Fitur, a Feira Internacional de Turismo de Madrid. E xunto cos actos do 60 aniversario e o calendario de competicións, outros dos eixos importantes do Monte Real Club de Yates neste 2025 serán a mellora das súas instalacións, coa ampliación de prazas; o recoñecemento aos mellores deportistas, coa entrega dos Premios Nacionais de Vela Terras Gauda; e a aposta pola Escola de Vela, na que se volverán a ofrecer cursos de vela lixeira e #ver cruceiro tanto para nenos como para maiores, así como outras propostas como saídas de grupos e empresas ou actividades team building.
Como vén sendo habitual, o club informará de toda a súa oferta cultural, deportiva e lúdica a través da súa páxina web (www.mrcyb.es), da súa newsletter e redes sociais.
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.