spot_img
InicioVigo e áreaVigoO Marco publica os catálogos das exposicións de Caride, Argüelles e Caín

O Marco publica os catálogos das exposicións de Caride, Argüelles e Caín

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este mércores, xunto ao concelleiro de Cultura e o director do Marco, os catálogos das exposicións dos artistas Bosco Caride, Alfredo Caín e Laía Argüelles, que permanecen abertas no museo. “Hoxe volvédesvos eternos. Os vosos cadros sairán de aquí pero quedarán no catálogo para sempre”, afirmou Abel Caballero.

Revista Cousas de Nº23

Abel Caballero felicitou hoxe aos artistas Bosco Caride e Laía Argüelles, durante o acto de prestación dos catálogos deseñados por eles sobre as obras que expoñen no MARCO.

Na súa intervención indicou que os recompilatorios “son máis que un libro” porque conlevan “a eternización” da mostra. A exposición vólvese eterna”, recalcou, para incidir en que os catálogos son unha “marca cultural e unha forma de entender a arte” que propiciará que as exposicións permanecerán para sempre.

O director do MARCO, Miguel Fernández-Cid, destacou o traballo do servizo de publicacións do museo. Apuntou que cada publicación sobre as mostras foi elaborada pensando no que lle “viría ben” a cada artista.

Pola súa banda, a artista Laía Argüelles incidiu en que o seu libro non é un mero traslado da exposición a formato de papel, senón que “recolle a experiencia que pode ter un visitante ao percorrer a mostra”. Bosco Caride destacou a preocupación do MARCO por propiciar que todas as mostras conten cun catálogo, así como que se elaboren coa colaboración dos artistas xa que cada libro convértese en “testemuña” permanente da exposición.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.