spot_img
InicioVigo e áreaVigoO MARCO inicia a súa programación 2023 coa exposición de Andrea Costas...

O MARCO inicia a súa programación 2023 coa exposición de Andrea Costas Lago “Desapego”

O MARCO inicia a súa programación 2023 coa exposición de Andrea Costas Lago DesapegoO Museo MARCO inicia a súa programación de 2023 coa exposición da viguesa Andrea Costas Lago que, baixo o título Desapego, presenta un proxecto que reúne obras dos dous últimos anos: fotografías, vídeos e unha instalación específica na propia sala.

Cousas de revista nº16

Andrea Costas, artista e docente, desenvolve o seu labor creativo utilizando diversas linguaxes (instalación, vídeo, performance) se ben é máis coñecida pola súa obra fotográfica. A súa persoal narrativa adoita tratar temas tan cotiáns como universais desde unha perspectiva emocional e psicolóxica.O MARCO inicia a súa programación 2023 coa exposición de Andrea Costas Lago Desapego

Acompañando á artista na inauguración, esta mañá no MARCO, estiveron o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, o concelleiro de Cultura, Abel Losada e o director do MARCO, Miguel Ángel Fernández-Cid

Abel Caballero e Carmela Silva loaron a sensibilidade desta mostra durante a súa inauguración

Desapego é resultado dun proceso de investigación e traballo de varios anos: unha toma de conciencia sobre a maternidade, unha visión en primeira persoa a través da arte, afastada de convencionalismos e idealizacións, no ronsel da obra doutras mulleres como a poeta Adrienne Rich, as fotógrafas Ana Casas e Elinor Carucci ou a artista Ana Álvarez-Errecalde.

O MARCO inicia a súa programación 2023 coa exposición de Andrea Costas Lago Desapego

O proxecto está integrado por un conxunto de pezas (imaxes fotográficas, vídeos e instalacións) nas que a artista reflexiona sobre a experiencia da maternidade propia, dende un punto de vista non idealizado, deixando constancia das contradicións e desafíos que supón esta oportunidade ofrecida pola vida para cuestionarnos e crecer.

A mostra, que conta coa colaboración da Deputación, está comisariada por Miguel Ángel Fernández-Cid e Pilar Souto Souto e permanecerá aberta no Museo de Arte Contemporánea de Vigo ata o próximo 2 de xullo.

- Publicidade -spot_img