O ano 2025 sinala o 40º Aniversario da Asociación Érguete, que naceu en 1985 da man dun grupo de nais, para protexer aos seus fillos e fillas dunha epidemia que descoñecían. Saíron á rúa, formáronse, sinalaron aos narcotraficantes, gañaron dereitos para as persoas con problemas de adiccións e abriron camiño a unha sociedade que, pouco a pouco, foi actuando fronte ao problema. Figuras clave da historia recente, a súa loita significou un antes e un despois.
Hoxe, pasadas catro décadas, unha exposición quere lembrar a estas nais e mostrar a importancia da súa pegada en Vigo, en Galicia e en todo o Estado. Xunto a unha selección de materiais gráficos, obxectos e documentación procedentes do arquivo e hemeroteca da Asociación Érguete, a mostra inclúe obras de artistas contemporáneas que dan forma a un contexto político e social dende unha diversidade de linguaxes e soportes.
A mostra está comisariada por Violeta Janeiro Alfageme e Elvira Rivas e conta coa producción do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
ARTISTAS
Eugènia Balcells, Cecilia Barriga, Javier Codesal, Maribel Domènech, Jana Leo, Elvira Martínez Villa, Alejandra Pombo Su, Bea Rey, Paula Santomé, Anna Turbau, Ana Vieira



