spot_img
InicioVigo e áreaVigoO MARCO acolle a primeira mostra coa obra de tres artistas que...

O MARCO acolle a primeira mostra coa obra de tres artistas que forman parte dos fondos propios do museo

o-marco-acolle-a-primeira-mostra-coa-obra-de-tres-artistas-que-forman-parte-dos-fondos-propios-do-museoO MARCO expón, ata o día 9 de marzo de 2025, a mostra “Unha imaxe de si”, articulada coas obras das artistas Marta María Pérez Bravo, Yolanda Herranz Pascual e Andrea Costas Lago, que forman parte dos fondos do museo. 

Revista Cousas de Nº23

“Unha imaxe de si”

Con frecuencia, as coleccións de arte son froito de arranques máis ligados ao entusiasmo que á planificación fría. As que nacen dende un apoio económico forte adoitan querer reflectir a historia recente ou a última actualidade; as que parten case dende o silencio, optan por ir tecendo unha especie de arañeira na que se fan posibles os diálogos, dende un claro compromiso cunha contemporaneidad plural. Obras e nomes fan que se creen relacións e vaia fluíndo, ata facerse visible, nítido, un relato que, con frecuencia, estaba na orixe.

A colección do MARCO, incipiente, sinala o seu campo de incidencia na súa primeira exposición con fondos propios, reunindo obra central de tres artistas: unha viguesa, outra bilbaína residente en Pontevedra e unha terceira cubana residente en México. A intención da proposta é clara: poñer en relación a mellor arte galega coa exterior, especialmente a peninsular e a americana, en sintonía coa nosa historia.

Das tres artistas seleccionadas móstrase unha ampla representación do seu traballo –case a xeito de pequenas exposicióes de cámara, con ese ambiente íntimo característico, no que cada proposta só se ve alterada pola presenza das outras. Elíxense temas afíns como son a identidade, o autorretrato, a presenza do corpo, a vindicación da condición feminina, as referencias á historia, á arte, a símbolos de culturas próximas por o vivido ou polo emocional.

Yolanda Herranz Pascual (Barakaldo, 1957) e Andrea Costas Lago (Vigo, 1978) recoñecen en Marta María Pérez Bravo (A Habana, 1959) un referente ético e estético, pero a ela lle sorprende a rotundidade e o toque persoal das propostas das súas compañeiras. E nese diálogo, nesa complicidade de obxectivos, é onde o espectador asiste a ese xogo de miradas, de ecos e sorpresas que está sempre presente na arte.

o-marco-acolle-a-primeira-mostra-coa-obra-de-tres-artistas-que-forman-parte-dos-fondos-propios-do-museo

O director do museo, Miguel Fernández-Cid, explicou na presentación da mostra, que esta  é o anticipo da estratexia deseñada polo goberno municipal para poñer en valor as coleccións do MARCO. “Comezamos con tres artistas cunhas claras vinculacións no seu traballo, mostralas de forma conxunta e provocar os diálogos que as obras suxiren”. A artista Yolanda Herranz Pascual destacou o “diálogo” que se establece entre as imaxes das tres creadoras ao redor de dous temas fundamentais: o corpo e a identidade.

Andrea Costas Lago expresó a súa satisfacción por “compartir a mostra con dous excelentes referentes”, á vez que incidiu en que “as artistas estamos nun momento en que as nosas voces empezan a ter forza e a escoitarse”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.