spot_img
InicioVigo e áreaVigoO MARCO acolle a presentación do catálogo da exposición de Colmeiro e...

O MARCO acolle a presentación do catálogo da exposición de Colmeiro e Palencia e o concerto “Tempos e Espazos. 100 anos de Surrealismo”

o-marco-acolle-a-presentacion-do-catalogo-da-exposicion-de-colmeiro-e-palencia-e-o-concerto-tempos-e-espazos-100-anos-de-surrealismoO impacto do movemento surrealista na obra de Benjamín Palencia e Manuel Colmeiro na década dos trinta –cerna deste proxecto expositivo– é de ben diferente intensidade; porén, ambos partillan, como pano de fondo, semellanzas formais que están no contexto do influxo do surrealismo internacional.

Revista Cousas de Nº23

Co gallo desta mostra, o MARCO editou unha publicación que completa a proposta expositiva a través de textos, documentación e imaxes das obras.

o-marco-acolle-a-presentacion-do-catalogo-da-exposicion-de-colmeiro-e-palencia-e-o-concerto-tempos-e-espazos-100-anos-de-surrealismo
De esq. a dta.: Carlos Bernárdez, Miguel Fernández-Cid e Alba Corral Colmeiro

 

 

 

Ademais do comisario da exposición e do director do MARCO, a presentación do xoves estará protagonizada por familiares dos artistas: Alba Corral Colmeiro e Ramón Palencia, autor dun dos textos do catálogo.

MARCO, Galería B3, 1º andar

Xoves 21 de novembro, ás 19.00

Con Alba Corral Colmeiro, Ramón Palencia, Carlos L. Bernárdez, Miguel Fernández-Cid

Entrada libre ata completar capacidade

o-marco-acolle-a-presentacion-do-catalogo-da-exposicion-de-colmeiro-e-palencia-e-o-concerto-tempos-e-espazos-100-anos-de-surrealismo

TEMPOS E ESPAZOS. 100 anos de Surrealismo

Con Rafael Yebra e Hachè Costa (saxo e electrónica)

Lugar: MARCO, Galería e sala perimetral B3, 1º andar.
Data e hora: Sábado 23 de novembro de 2024 ás 19.00 horas.

O ano 2024 coincide coa conmemoración en todo o mundo do centenario do Primeiro Manifesto Surrealista. Con este motivo, o saxofonista Rafael Yebra e o compositor Hachè Costa traballaron en colaboración para crear unha peza escrita ex profeso para esta efeméride. A súa estrea no MARCO cobra un sentido moi especial no contexto da exposición sobre Benxamín Palencia, Manuel Colmeiro e o surrealismo dos anos trinta, e na propia sala que acolle a mostra.

Unha proposta que explora as novas formas de espazo, tempo, materia e, sobre todo, as novas ideas acerca do ser humano que, a través da psicanálise e da teorías de Sigmund Freud, supuxeron unha grande renovación da arte e do pensamento ao longo do século XX. O concerto convértese tamén nunha homenaxe ao psiquiatra, psicanalista e filósofo Jacques Lacan, quen protagonizou algunhas das maiores polémicas do século XX.

TEMPOS Y ESPAZOS quere confrontar as relacións directas e indirectas que o repertorio instrumental establece cos novos conceptos de espazo e tempo derivados da grande revolución antropolóxica da nosa época, facendo especial fincapé na relación da música instrumental coa literatura máis creativa, artística e filosófica.

Tras a súa presentación no MARCO, o concerto volverá soar na Universidade de León e na sede da UNED de Madrid, o 8 e 19 de decembro, respectivamente.

PROGRAMA

TEMPO

Juan Eiras (2015) Diacronías I

MATERIA, SENSACIÓN, INTUICIÓN, PERCEPCIÓN

Jacobo Gaspar (2016) Rumor de frío II

ESPAZO

Jesús González (2017) Plegaria de los ahogados

A LINGUAXE E O EGO

Hachè Costa (2024) Surrealismo 100 – Homenaje a J. Lacan

  1. O REAL. A cousa e o real. A demanda. A lingua
  2. O IMAXINARIO. O estadio do espello. O desexo. Breve ensaio sobre a neurose obsesiva. Ataque de ansiedade nº 317

III. O SIMBÓLICO. Amizade, amor e ficción. Historias do discurso amo. O real vs o poder

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.