spot_img
InicioBaixo MiñoO Kayak Tudense logra a victoria no Descenso do Miño

O Kayak Tudense logra a victoria no Descenso do Miño

O Kayak Tudense logra a victoria no Descenso do MiñoO Descenso Internacional do Miño en piragua celebrou a súa 52ª edición cun rotundo éxito de participación e unha multitude de espectadores que seguiron de preto a emocionante carreira

Revista COUSAS DE Nº18

Cun percorrido de 14 km, con saída en Salvaterra de Miño e chegada en Tui, participaron máis de 500 piragüistas de toda Galicia, Portugal e Asturias que lanzáronse ao Río Miño para competir nesta tradicional competición.

A clasificación xeral por equipos culminou co Club Kayak Tudense na primeira posición, acumulando un total de 2.373 puntos, seguido de preto polo E.P Ciudad de Pontevedra con 2.035 puntos e o Club Naval de Pontevedra con 1.598 puntos.

Na categoría de K2 senior masculino, a vitoria foi para a parella do Piragüismo Rías Baixas, composta por Joaquín Iglesias e Adrián Prada, quen marcou un tempo impresionante de 59 minutos e 7.97 segundos. A tan só cinco segundos detrás chegaron Bruno Brasileiro e Francisco Santos do Náutico Ponche de Lima. Un minuto despois, Iván Alonso e Jose Barreiro do Club Piragüismo As Torres cruzaron a liña de meta.

A categoría de K1 senior masculino viu ao uruguaio Manuel Garaycoechea levar a vitoria, seguido de preto por Diego Dacosta do Club de Mar Ría de Aldán e Breogán Monteagudo do Naval de Pontevedra.

Na competencia de C2, o dúo formado por Fernando Busto e Diego Miguéns do Club Piragüismo As Torres fíxose coa vitoria. No segundo e terceiro lugar do podio atopáronse Julian Serrano e Rubén Paz do Piragüismo Aranxuez, así como a parella do Kayak Tudense composta por Vicente Correa e Xoel Correa.

Na categoría de C1, Jaime Duro do E.P. Ciudad de Pontevedra foi o gañador, seguido por Óscar Graña do Kayak Tudense na segunda posición e o portugués Ricardo Coelho na terceira posición. Na categoría feminina de K1 senior, Amaia Ousaba do Piragüismo Pamplona levou a vitoria, con Cecilia Collueque do Canotaje Progreso e Marta Mourelos do Breogán do Grove completando o podio.

Tania Fernández e Carmen Varela do Kayak Tudense celebraron a súa segunda vitoria consecutiva na categoría de K2, superando a Rafaela Teixeira e María Gomes do Naútico Prado, con Lara Feijoo e Iría Ludeña do Kayak Tudense na terceira posición.

Na modalidade de canoa, Noa Conde do E.P. Ciudad de Pontevedra impúxose en C1, con María Pérez do Náutico O Muiño e Rosana Simón do E.P. Ciudad de Pontevedra completando o podio.

Por último, na carreira de kaiak mixto, os tudenses Leticia Piña e Rubén Millán fixéronse coa vitoria, seguidos por Cristina Franco xunto a Rubén Franco do Deportivo Cisne, en terceiro lugar, Iván Domínguez e Raquel Rodríguez do Confraría de Pescadores Portonovo.
- Publicidade -spot_img