O concerto de Salvador Sobral e Marcos Mezquida que tivo lugar onte na Fortaleza, de Valença deixou o listón da calidade musical, técnica e organizativa no máis alto.
Un público expectante, español, portugués, pero tamén de moitas outras nacionalidades ocupou as 1.500 localidades dispoñibles e durante case tres horas non se moveu do sitio. No escenario, un Sobral polifacético percorreu un repertorio que abarcou desde clásicos en inglés, chanson francaise ou boleros e baladas. E ata chiscadelas ao rap máis new yorker. Sobral e Mezquida fixeron súas as cancións doutros con orixinalidade ritmo e humor.
Foi unha noite máxica como o adiantaron a presentadora do evento, Lucía Rodríguez, e a directora do IKFEM Festival Tui Valença, Andrea González, quen tamén agardeció ás entidades que colaboraron neste concerto co que se inicia o festival que rematará o próximo 21 de xullo. Presentes estaban en primeira fila para apreciar é espectáculo o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e case todo o pleno do concello, así como o presidente da Cámara de Valença, José Manuel Carpinteira.
Antes do concerto, os artistas participaron no Balcón IKFEM, unha charla moderada por Lucía Rodríguez onde falaron das súas respectivas carreiras artísticas.
En paralelo, no Conservatorio de Tui, os mozos músicos dos 26 municipios que participan na recentemente creada Orquestra Sinfónica Eurorrexión Galicia Norte de Portugal recibiron a visita do conselleiro de Educación, Ciencia, e Formación Profesional, Román Rodríguez, do presidente da Cámara, José Manuel Carpinteira, Roberto Carrero, deputado da Deputación de Pontevedra e Sonsoles Vicente concelleira de cultura do concello de Tui. Todos eles entregaron os diplomas aos alumnos, galegos e portugueses que participan na residencia musical baixo a dirección do mestre Cesário Costa. Esta residencia é a que nutre de talento jóven á recentemente creada Orquestra Eurorregional (OUSE) que se estreará mañá día 19 no concerto ‘70 Voltas ao Sol’, co prestixioso músico portugués, Jorge Palma.
Hoxe, 18, o Balcón IKFEM terá actividade tanto de mañá, no Espazo Xove de Tui, cun diálogo con Carlos Nárdiz Ortiz, Enxeñeiro de Camiños e Portos e profesor na Universidade da Coruña, experto en proxectos de obras urbanísticas, autor dunha longa lista de libros sobre a materia. A súa charla leva por título ‘Tender pontes, unha visión arquitectónica’ e terá lugar a partir das 12h en Espazo Xove en Tui. Xa pola tarde, na Alameda de S. Domingo, os artistas Antonio Vitorino d’Almeida e Fernando Buide conversarán sobre a escena musical galega e portuguesa a partir das 21 horas (É). Pouco despois, A Igrexa de Santo Domingo será o escenario ás 22:30 horas (É) de hoxe para o concerto ‘Conexións Atlánticas’ do Trio Preseli, composto pola soprano María Hinojosa, o pianista Daniel Pereira e Simón Lewis, trompa. Esta orixinal formación propúxose como misión levar a beleza e complexidade deste ensemble a novos públicos.




