spot_img
InicioBaixo MiñoO IES Antón Alonso Ríos de Tomiño fomenta a investigación co seu...

O IES Antón Alonso Ríos de Tomiño fomenta a investigación co seu I Congreso Científico

Organizado por e para o alumnado, celebrarase do 7 ao 10 de xuño cun amplo programa de actividades

Revista COUSAS DE Nº13

O IES Antón Alonso Ríos continúa a dar pasos para proporcionar ao alumnado un espazo motivador onde o alumnado poida compartir os seus intereses. Con ese obxectivo celebra do 7 ao 10 de xuño o seu I Congreso Científico, un encontro organizado por e para o alumnado no que poderán presentar os traballos científicos realizados durante o curso, xerando debate e experiencias motivadoras que fomenten a investigación e as vocacións científicas.

O congreso, coa saúde e a sostibilidade como eixo condutor, contará tamén cun completo programa de actividades con conferencias, talleres e comunicacións a cargo de persoeiros e entidades de grande relevancia no mundo científico e na contorna. Así, a conferencia inaugural o 7 de xuño será a cargo de Xurxo Mariño, divulgador científico especialista en neurociencia con numerosos premios ás súas costas polo seu papel divulgador e concienciador.

O divulgador Xurxo Mariño, a investigadora Marisa Castro ou o ilustrador Suso Cubeiro participarán no encontro

O mércores 8 a Organización Nacional de Transplantes dará unha conferencia antes de abrir a quenda de comunicacións e presentacións dos póster científicos realizados polo alumnado, momento no que poderán amosar o traballo desenvolvido ao largo do curso.

O xoves 9 a Asociación Vontade de Tomiño impartirá un taller de saúde mental e o destacado ilustrador Suso Cubeiro un obradoiro de debuxo científico. O programa pecharase o 10 de xuño coa conferencia da bióloga e investigadora Marisa Castro, que falará sobre os cogomelos, a microbiodiversidade e a conservación de especies.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.