spot_img
InicioVal MiñorNigránO I Torneo do Panxón Nigrán Fútbol sala recada 180 quilogramos de...

O I Torneo do Panxón Nigrán Fútbol sala recada 180 quilogramos de alimentos e 140 xoguetes

O I Torneo do Panxón Nigrán Fútbol sala recada 180 quilogramos de alimentos e 140 xoguetesO recadado neste torneo solidario, no que participaron máis de 200 nenos e nenas das categorías de fútbol base, será repartido por Cáritas Panxón e o departamento de Servizos Sociais do concello.

O I Torneo do Panxón Nigrán Fútbol sala, organizado polo club de recente creación en colaboración co Concello de Nigrán e o C.P.I. de Panxón, entre outras entidades patrocinadoras, finalizou na tarde de onte cun éxito rotundo de participación, con máis de 200 nenos e nenas das categorías mini, prebenjamín, benjamín e alevín.

Un éxito que se trasladou tamén ao aspecto benéfico da competición, coa recadación de 180 quilogramos de alimentos e 140 xoguetes a través dunha campaña posta en marcha polo propio club o pasado 20 de decembro. Os alimentos e xoguetes serán repartidos entre as familias con menos recursos do municipio por Cáritas Panxón e polo Departamento de Servizos Sociais do concello.

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, agradece a iniciativa do club Panxón Nigrán Fútbol Sala, que pon en valor aspectos fundamentais nunha sociedade, como son o compañeirismo, a deportividade e a solidariedade, e felicita á organización, así como a todas aquelas persoas que, coa súa achega, fixeron do primeiro torneo do club local un rotundo éxito.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.