spot_img
InicioGaliciaA CoruñaO Hospital da Coruña acolleu o acto de homenaxe aos 163 profesionais...

O Hospital da Coruña acolleu o acto de homenaxe aos 163 profesionais da Xerencia de Xestión Integrada que se xubilan

o-hospital-da-coruna-acolleu-o-acto-de-homenaxe-aos-163-profesionais-da-xerencia-de-xestion-integrada-que-se-xubilan

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, no salón de actos do hospital da cidade herculina, o acto de despedida dos 163 profesionais da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña que acaban de xubilarse. A eles, o titular da carteira sanitaria do Executivo galego agradeceulles o seu traballo en aras a contribuír ao bo funcionamento do sistema sanitario e polo ben da cidadanía.

Os profesionais sanitarios, -dixo o conselleiro-, “temos a misión de contribuír a mellorar a saúde dos pacientes, garantindo, ao mesmo tempo, a sustentabilidade do sistema sanitario. Esta tarefa esixe compromiso, o compromiso de todos”. Somos, -subliñou Jesús Vázquez Almuiña-, “o servizo público máis e mellor valorado pola cidadanía. Contribuímos á súa saúde, ao seu benestar e á súa calidade de vida. Pero o Sergas é, tamén, un sistema vivo, complexo e en continuo cambio, coa necesidade constante de actualizarse, renovarse e adaptarse á realidade da sociedade á que presta servizos, que tamén é cambiante”.

Segundo sinalou o conselleiro, “dedicar toda unha carreira profesional ao coidado do paciente é un labor que desenvolvemos entre todos dende moi diferentes disciplinas. Todas as categorías son importantes. Por iso, a dedicación de profesionais da medicina, a enfermería, a administración ou o mantemento, entre outras áreas de traballo, merecen o recoñecemento de tantos anos de esforzo e entrega”.

Para rematar remarcou que “non esquecemos que os verdadeiros protagonistas do sistema sodes vos, os nosos profesionais. Os responsables do seu axeitado funcionamento e da súa mellora continúa”.

Sinalar que no acto estiveron presentes, tamén, o Xerente de Xestión Integrada da Coruña, Francisco Vilanova Fraga, e o director de Recursos Humanos do mesmo organismo, Manuel Gómez López.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.