Inicio Pontevedra O hospital Álvaro Cunqueiro dispón dun bloque cirúrxico de altas prestacións e...

O hospital Álvaro Cunqueiro dispón dun bloque cirúrxico de altas prestacións e coa tecnoloxía máis avanzada

hospital-Álvaro-Cunqueiro-dispón-bloque-cirúrxico-altas-prestacións-tecnoloxía-máis-avanzada

O próximo luns día 21 vaise efectuar o traslado das especialidades cirúrxicas ao Hospital Álvaro Cunqueiro, centro que alberga nas súas instalacións 24 quirófanos.

O Chuvi conta cunha área cirúrxica con 36 quirófanos e tres salas de cirurxía menor

O novo bloque cirúrxico está formado por 22 quirófanos, dous destinados a Urxencias e 20 a cirurxía programada. Ademais, conta tamén con dous salas cirúrxicas máis, dedicadas exclusivamente a Obstetricia.

A superficie útil de cada quirófano está entre 45 e 55 metros, superando os dispoñibles na actualidade, que oscilan entre 35 e 37 metros

A infraestrutura do HAC compleméntase coa do Hospital Meixoeiro, cun bloque de cirurxía maior ambulatoria composto por 12 quirófanos e unha área de técnicas especiais provista de 3 salas de cirurxía menor.

Segundo explica a directora de Procesos asistenciais, Mar Vélez “o Complexo Hospitalario conta cunha área cirúrxica ben dimensionada e axeitada ás necesidades asistenciais, que incorpora os últimos avances tecnolóxicos e cuns profesionais de primeiro nivel para resolver todo tipo de procesos, algúns deles, de altísima complexidade. En total, o Chuvi dispón de 36 quirófanos e 3 salas de cirurxía menor, cos que atenderemos unha actividade cirúrxica superior ás 40.000 intervencións anuais”-.

5.500 metros cadrados de superficie espacial
O bloque cirúrxico está situado na planta cuarta do HAC, conformando o bloque técnico xunto cos servizos de Hemodinámica, bloque Obstétrico, Coidados Intensivos adultos pediátricos e neonatais, e Reanimación Postcirúrxica e Despertar. Este emprazamento facilita os fluxos de circulación interna de pacientes e profesionais. Ademais dispón dunha conexión rápida coa área de urxencias localizada na planta inmediatamente inferior.

O Sergas está a investir na tecnoloxía desta área preto de 5 millóns de euros; as instalacións dispoñen da primeira lámpada de Europa dotada de intelixencia artificial e e da primeira cámara cirúrxica con tecnoloxía 3D instalada en España

Para a distribución interna do bloque cirúrxico optouse por unha tipoloxía de división en clúster o que permite a sectorización e o illamento por zonas no caso de ter que realizar actuacións de mantemento e instalación de equipos futuros, sen necesidade de interferir na actividade do resto del bloque.

Dous dos novos quirófanos do HAC son pioneiros en Galicia xa que contan coa integración máis completa dispoñible hoxe en día, con sistemas que integran imaxe 3D e cirurxía laparoscópica

En total, ocupan unha superficie construída aproximada de 3.600 metros cadrados no que sumados aos 1.900 metros cadrados dispoñibles no Meixoeiro conforman un total de 5.500 metros cadrados destinados a área cirúrxica no Chuvi.

Neste senso, a superficie útil de cada quirófano é de entre 45 e 55 metros cadrados, en función do seu emprazamento, superando os dispoñibles ata a actualidade, que oscilaban entre 35 e 37 metros cadrados. A maior amplitude espacial das salas mellora as condicións de funcionamento, sobre todo á hora de incorporar equipamento e fluxo de profesionais en torno ao paciente.

Mellores condicións de confort
En canto ás instalacións, están dotadas cos mellores sistemas de comunicación, climatización, seguridade e iluminación. Como particularidade, cabe subliñar que quince dos quirófanos dispoñen de luz natural e vistas exteriores mellorando as condicións de confort convencionais.

Ademais, once dos quirófanos teñen barreiras de plomo instaladas nas paredes, o que permite o uso de equipos de raios X no seu interior, baixo plenas condicións de seguridade para os profesionais da área.

Mar Vélez explica que “contamos con tres quirófanos que dispoñen dunhas condicións máis especiais, con instalación de fluxo laminar, dimensións e características específicas que permiten a incorporación de medios diagnósticos e terapéuticos de altas prestacións e polo tanto dedicalos ás cirurxías máis esixentes.”

Dous quirófanos integrados pioneiros en Galicia
O hospital dispón de quirófanos integrados; isto é, que integran no seu sistema de información os elementos máis avanzados de imaxe do paciente e tecnoloxía. Estes quirófanos, tamén chamados intelixentes, baséanse na integración de equipos, manexo dixital da información e conectividade co exterior. Estes sistemas posibilitan ao cirurxiáns o traballo de forma interactiva con outras áreas e permiten o acceso, en tempo real, a toda a información relativa aos pacientes, como pode ser a súa historia clínica, ou as súas probas de diagnóstico por imaxe (endoscopia, raios X, ecografía, etcétera.).

Dous das salas cirúxicas dispoñen dunha integración total, coa integración máis completa que existe neste momento.

Así,os seus sistemas de imaxe 3D e tecnoloxía 3D permite a transmisión da información mediante videoconferencia; a visualización e gravación de imaxes cirúrxicas en tres dimensións con visualización simultánea en diferentes monitores.

As características técnicas destes dous quirófanos, que integran a imaxe e a cirurxía laparoscópica os converte en pioneiros en Galicia.

5 millóns de euros nesta área
O Servizo Galego de Saúde ten consignado para este área un presuposto para inversión tecnolóxica de máis de 5 millóns de euros, incorporando ao hospital os últimos e máis modernos avances de tecnoloxía dispoñibles hoxe en día.Todas las especialidades cirúrxicas que se realicen en novo hospital se van a beneficiar destas tecnoloxías.

No referido a súa dotación, todos as salas cirúrxicas dispoñen de columnas de cirurxía, columnas de anestesia, mesas cirúrxicas de altas prestacións con accesorios adaptados a todas as especialidades, monitor de imaxe radiolóxica, lámpadas cirúrxicas de cúpula dobre con tecnoloxía LED e brazo portamonitor.

De feito, una destas, é a primeira lámpada de Europa dotada de intelixencia artificial, que mantén as condicións de traballo permanentemente con axuste autónomo.
A metade dos quirófanos contan tamén con cámaras HD integradas nas lámpadas; unha delas é a primeira cámara cirúrxica con tecnoloxía 3D instalada en España.

Ademais adquiriuse unha nova dotación de aparataxe, como bisturís eléctricos, láseres, microscopios cirúrxicos de neurocirurxía e oftalmoloxía, motores cirúrxicos, sistemas de navegación, bombas de circulación extracorpórea, sistemas de anestesia, ecógrafos e ecocardiógrafos.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies