spot_img
InicioVigo e áreaVigoO guitarrista David Russell protagonizará no Teatro Afundación o concerto benéfico do...

O guitarrista David Russell protagonizará no Teatro Afundación o concerto benéfico do XXX aniversario do Banco de Alimentos de Vigo

o-guitarrista-david-russell-protagonizara-no-teatro-afundacion-o-concerto-benefico-do-xxx-aniversario-do-banco-de-alimentos-de-vigoO músico escocés David Russell, considerado internacionalmente como un dos grandes virtuosos da guitarra clásica, protagonizará o concerto benéfico organizado en colaboración con Afundación pola Fundación Provincial Banco de Alimentos para celebrar o seu XXX aniversario. Terá lugar o próximo 22 de maio ás 20.30 h no Teatro Afundación de Vigo. As entradas xa están á venda en Ataquilla.com e tamén se habilitou unha fila 0. A recadación destinarase integramente á Fundación Provincial Banco de Alimentos.

Revista Cousas de Nº24

A identidade de David Russell, como a figura de renome internacional que protagonizará este evento conmemorativo do Banco de Alimentos, deuse a coñecer esta mañá en rolda de prensa no Teatro Afundación de Vigo na que estivo presente o propio artista. Russell, que acaba de regresar dunha xira de tres meses por EEUU, mostrouse «moi orgulloso de formar parte desta marea azul» e, tras recibir como símbolo o peto de voluntariado do Banco de alimentos, asegurou que «apoiar ao Banco de Alimentos co seu concerto é unha forma de devolver á sociedade o que a sociedade lle ten dado» e avanzou que ofrecerá un evento de música clásica española con obras de Albéniz, Granados ou Tárrega, entre outros; interpretará tamén pezas de recente descubrimento e «por suposto haberá sorpresas que farán gozar desta gran cita solidaria».

O evento enmárcase no programa social «Cultura por alimentos» que desenvolven a Obra Social de ABANCA e a Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) desde 2021. Paloma Vela, en representación de Afundación como coordinadora adxunta da área de Cultura, subliñou na súa intervención «a importancia desta alianza que permitiu canalizar ao Banco Provincial de Alimentos na traxectoria deste programa, desde o seu inicio en 2021 e grazas á inestimable participación cidadá, máis de 10 toneladas de produtos». Unha iniciativa –engadiu– que transcende os límites xeográficos de Galicia, «en circunstancias extraordinarias como a traxedia da DANA de Valencia, para cuxos damnificados enviáronse desde a provincia de Pontevedra máis de 27 toneladas de alimentos».

Pola súa banda, o presidente do Banco de Alimentos de Vigo, José Ramón Santamaría, agradeceu a implicación e apoio de Afundación, destacando a importancia de «Cultura por alimentos», que «achega doazóns constantes permitindo unha provisión inmediata de produtos de primeira necesidade tanto aos andeis da nosa sede en Vigo como ás da delegación de Pontevedra».

O máximo responsable do Banco de Alimentos recordou, no contexto da efeméride de dos 30 anos da entidade, «o traballo intenso e desinteresado» dos fundadores que abriron un primeiro local na rúa Pino en outubro de 1995, así como de «tantas persoas voluntarias que co seu saber facer levaron á entidade á dimensión de hoxe.  É unha honra – engadiu – poder ofrecer un concerto benéfico cun artista da talla de Russell que leva vivindo connosco case o mesmo tempo de actividade do noso Banco de Alimentos. Puido ver a nosa evolución». Santamaría engadiu que «os que formamos parte do Banco de Alimentos na actualidade compartimos os mesmos principios dos nosos fundadores, seguimos sen querer mirar para outro lado ante a necesidade máis próxima, aínda que os tempos son outros».

O concerto conmemorativo conta tamén coa colaboración de Esmerarte na súa produción técnica, o seu director xeral Joaquín (Kin) Martínez Silva subliñou na súa intervención que «estamos nun momento cíclico no que parece que tecnolóxicamente imos cara outro mundo e ás veces esquecémonos dos valores esenciais das persoas e aquí é onde está o Banco de Alimentos».

Neste momento, e aínda sen coñecerse ata hoxe a identidade do artista que ofrecerá o concerto, vendeuse xa un 23 por cento do aforo dispoñible, cunha acollida significativa tamén para a fila 0.

DAVID RUSSELL

Natural de Glasgow, Escocia (1953), David Russell é un recoñecido guitarrista clásico de renome mundial, tanto pola súa magnífica mestría musical como polos súas grandes dotes artísticas, valorado tanto pola crítica coma pola audiencia. En recoñecemento ao seu talento e á súa carreira internacional, foi nomeado membro da Royal Academy of Music en Londres en 1997 e gañou un Grammy en 2005 como mellor instrumentista solista por Aire Latino.

David Russell pasa a maior parte do ano de xira polo mundo, tocando en prestixiosas salas de Nova York, Londres, Tokio, Os Angeles, Madrid, Toronto ou Roma, entre outras. O público séntese atraído pola súa xenialidade musical e inspirado pola súa cativadora presenza no escenario.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.