spot_img
InicioBaixo MiñoO Grupo Terras Gauda participa con Quinta Sardonia nun innovador proxecto europeo...

O Grupo Terras Gauda participa con Quinta Sardonia nun innovador proxecto europeo para optimizar a xestión da auga no viñedo

o-grupo-terras-gauda-que-participa-con-quinta-sardonia-nun-innovador-proxecto-europeo-para-optimizar-a-xestion-da-auga-no-vinedoO proxecto desenvolverá unha ferramenta de rega de precisión para facer fronte ao cambio climático e mellorar a competitividade do sector

Revista Cousas de Nº23

Quinta Sardonia, a adega do Grupo Terras Gauda que practica a viticultura biodinámica no Val do Duero, sumouse a un proxecto europeo de innovación que ten como obxectivo optimizar a xestión da auga no viñedo para unha maior sustentabilidade.

Cunha subvención de máis de medio millón de euros, cofinanciados nun 80% por fondos FEADER, e catro anos de duración, ponse en marcha PRERIVID. Este grupo operativo achegará solucións innovadoras ao sector vitivinícola mediante o desenvolvemento dunha ferramenta de rega de precisión que integre datos “a pé de parcela”.

Desde o Grupo Terras Gauda explican que a participación de Quinta Sardonia neste proxecto encaixa á perfección cos esixentes principios da biodinámica que seguen na adega, situada no Val do Duero. Na viña, o obxectivo é lograr un equilibrio entre o chan, o clima, a cepa e a contorna. Para iso, abónase con compost de elaboración propia, mantense a cuberta vexetal e favorécese a biodiversidade de microorganismos, entre outras prácticas sostibles.

Obxectivos de PRERIVID

O reto de xestionar de forma eficiente os recursos hídricos, cada vez máis escasos, esixe estimar con precisión as necesidades de auga do viñedo. De aí o desenvolvemento do proxecto PRERIVID, que involucra a viticultores, tecnólogos, e investigadores. O obxectivo é desenvolver unha ferramenta de xestión de rega de precisión que integre datos medidos a “pé de parcela”, relacionados coa planta, o chan, e a meteoroloxía. Unha información que se completará coa análise da climatoloxía global, as necesidades de rega ao longo do ano e a avaliación de prácticas agrarias cun impacto no consumo da auga.

PRERIVID contribuirá a crear unha viticultura máis sostible e mellorará a competitividade do sector nun contexto de escaseza de auga, xa que prevé un aforro de entre o 15 e o 20% dos recursos hídricos. Outra das fortalezas deste proxecto é que permitirá comparar zonas xeográficas con climatoloxía moi diversa: Castela e León, Galicia e Comunidade Valenciana. Isto significa que os seus resultados serán extensibles a todo o sector e mesmo a outros tipos de cultivo.

Para levar a cabo esta iniciativa, creouse un equipo multidisciplinar coordinado pola Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA) no que tamén participan como socios as adegas Quinta Sardonia, Quinta Couselo, Bodegas Enguera, a compañía tecnolóxica Monet Tecnoloxía e Innovación S.L., a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a través do Grupo de Proxectos e Planificación da Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo, o Instituto Tecnolóxico Agrario de Castela e León (ITACYL), a través do grupo de viticultura, o Centro sobre Investigacións sobre Desertificación-CIDE, (CSIC, a Universitat de València, e a Generalitat Valenciana), a través do Grupo Auga e Cultivos, e o Instituto de Ciencias da Vide e do Viño-ICVV (CSIC, Universidade da Rioxa, e Goberno da Rioxa) a través do Grupo MedWineQuality.

Diferentes fases

O proxecto de innovación desenvolverase en diferentes etapas. Nunha primeira instalarase o equipamento para a medida de datos meteorolóxicos e de humidade de chan. Esta información, xunto coa predición meteorolóxica obtida para a localización da parcela experimental, permitirá estimar as necesidades de auga a 7 días de cada terreo concreto en función da localización, a variedade de uva, a configuración do viñedo, o tipo de chan, o sistema de rega e o momento do ano. Cos resultados obtidos, desenvolverase a ferramenta de xestión de rega.

Nunha segunda etapa, avaliarase o uso de prácticas agrícolas que contribúen a reducir o consumo de auga no viñedo, como son a aplicación de caolín e a utilización de cubertas vexetais. Isto permitirá facer recomendacións concretas sobre o momento de implementación e a intensidade destas actividades. Tamén se analizará o emprego de técnicas dixitais —espectroscopía NIR—, que favorecen a toma de datos sobre o estado de saúde do viñedo con menos recursos humanos. Posteriormente, estudarase o efecto dos tratamentos de rega e as prácticas agrícolas na calidade do mosto obtido, comprobando parámetros fisicoquímicos e compostos claves para determinar a calidade da uva e o viño. Para finalizar, avaliarase o impacto económico da ferramenta de xestión da rega no viñedo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.