Inicio Val Miñor Nigrán O grupo do proxecto 'Xacobeo Autismo, un camiño para todos' alcanza A...

O grupo do proxecto ‘Xacobeo Autismo, un camiño para todos’ alcanza A Ramallosa na súa penúltima etapa

O grupo do proxecto 'Xacobeo Autismo, un camiño para todos' alcanza A Ramallosa na súa penúltima etapaUsuarios da Fundación Menela percorreron onte os 5,25 qm da ruta xacobea pola costa que separan Baiona de Nigrán acompañados por persoal especializado, diferentes centros educativos e concelleiros de Nigrán

O grupo de usuarios da Fundación Menela que participa no proxecto ‘Xacobeo Autismo. Un Camiño para todos’, encara a súa recta final tras percorrer os 5,25 qm que separan Baiona de Nigrán na ruta xacobea pola costa. Nesta ocasión estiveron acompañados de alumnos do CEIP Sabarís, IES Primeiro de Marzo, usuario do Centro Juan María de Parada e catro concelleiros de Nigrán. A derradeira etapa terá lugar o venres 11 de outubro, cando camiñen dende a ponte de A Ramallosa ata a Casa do Concello de Nigrán para, como colofón final, celebrar no Auditorio Municipal un acto onde amosarán as súas conclusións tras realizar a ruta pola costa dende A Guardia (onde arrancaron o 17 de setembro).

Esta iniciativa na que participa o Concello de Nigrán permite que 20 persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e discapacidade intelectual asociada do Centro Castro Navás (en Priegue) percorran a ruta oficial pola costa xunto ao seu persoal especializado e diferentes entidades locais en cada etapa co obxectivo de facer o camiño accesible grazas a súa propia experiencia. O proxecto conta tamén coa axuda do programa “O teu Xacobeo” impulsado pola Xunta de Galicia.

Os participantes fan noite en albergues o día anterior a cada etapa. Na primeira xornada o 17 de setembro percorreron os 10,3 km que separan A Guarda de Portocelo, ao día seguinte camiñaron ata Oia e o resto de tramos dividiuse entre os días 24 e 25 de setembro (Santa María de Oia-Mougás), 1 e 2 de outubro (Baiona-A Ramallosa); e finalmente, o 11 de outubro será a chegada á Casa do Concello de Nigrán dende A Ramallosa. O obxectivo é que, grazas a esta experiencia, usuarios e técnicos da Fundación Menela propoñan unha sinaléctica con pictogramas e información que faga todo o Camiño pola Costa accesible dende o punto de vista cognitivo. Paralelamente, estas sete etapas son unha oportunidade para visibilizar a realidade deste colectivo e informar á sociedade sobre os recursos e servizos dos que dispón a Fundación Menela para a atención as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e as súas familias, desde os primeiros anos de vida ata a idade adulta.

“Dende o Concello de Nigrán quixemos participar no programa ‘O Teu Xacobeo’ con unha iniciativa de carácter social acorde ao noso programa municipal ‘Un Nigrán para todos’, por iso acollemos con entusiasmo o proxecto da Fundación Menela e nos sumamos a el inmediatamente, nada mellor que unir a posibilidade de que estas persoas poidan gozar do Camiño con que, ao mesmo tempo, nos indiquen como facelo realmente accesible dende o punto de vista cognitivo. Queremos que o camiño pola costa sexa, de verdade, un camiño para todos”, destaca Juan González, alcalde de Nigrán.

Baixo estas premisas, en cada etapa do percorrido fóronse sumando diferentes entidades ou centros educativos, para que funcionase tamén como unha xornada de convivencia e, ao fin de cada unha, instalouse un punto de información sobre o Autismo e a Accesibilidade. O grupo realizou tamén visitas de interese histórico e cultural en cada núcleo do Camiño, e rematou sempre o día sempre cunha reflexión grupal no que xunto aos monitores comentaron como se sentiron ao longo da marcha, que foi o que mais lles gustou, que lles dirían os demais en relación o que viron, que cousas non lles pareceron ben, etc. etc.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies