spot_img
InicioGaliciaO Goberno prorroga a colaboración entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e...

O Goberno prorroga a colaboración entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e Augas de Galicia para o saneamento e adecuación de canles nas provincias de Ourense, Pontevedra e Lugo

O Goberno prorroga a colaboración entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e Augas de Galicia para o saneamento e adecuación de canles nas provincias de Ourense, Pontevedra e LugoEste acordo afecta os proxectos para a mellora do saneamento de Pereiro de Aguiar (Ourense), San Cibrao das Viñas (Ourense) e O Porriño (Pontevedra), así como a adecuación da canle e ordenación das marxes dos ríos Sarriá e Celeiro en Sarria (Lugo)

O Consello de Ministros acordou ratificar as autorizacións provisionais para a subscrición de catro adendas a outros tantos convenios de colaboración entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a entidade pública empresarial Augas de Galicia e catro Concellos de Galicia, para o financiamento e execución doutras tantas obras de saneamento e adecuación de canles.

Estas adendas aos convenios sucritos pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil no ano 2013 non aumentan o compromiso de financiamento previsto nos convenios (que se eleva a case 12,4 millóns de euros) nin as actuacións recollidas.

En concreto, os proxectos afectados polo acordo alcanzado polo Consello de Ministros son:

-A mellora do saneamento de Pereiro de Aguiar (Ourense). Financiado pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil con 940.917 euros e por Augas Galicia con 303.886 euros.

-A mellora do saneamento e Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de San Cibrao das Viñas (Ourense). Financiado pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil con máis de 2 millóns de euros e por Augas Galicia con 681.643 euros.

-As actuacións prioritarias no saneamento do Porriño (Pontevedra). Financiado con case 2 millóns de euros pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e con 638.551 euros por Augas Galicia.

-Adecuación da canle e ordenación das marxes dos ríos Sarria e Celeiro no termo municipal de Sarria, Lugo (primeira fase). Financiado con máis de 4,4 millóns de euros pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e por case 1,3 millóns de euros por Augas de Galicia.

Os convenios cofinanciados con fondos FEDER e estas adendas teñen por obxecto principal lograr unha maior eficacia e eficiencia na xestión da subvención outorgada por Augas de Galicia.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.