spot_img
InicioGaliciaO galego sobe ao posto 37 dos idiomas máis influentes no mundo

O galego sobe ao posto 37 dos idiomas máis influentes no mundo

O galego sobe ao posto 37 das entre os idiomas máis influentes no mundoO galego sobe ao posto 37 entre as 634 linguas con máis peso no mundo. Son os datos do informe Calvet, que elabora o Ministerio de Cultura de Francia para elaborar o seu Barómetro das Linguas do Mundo e que reflicten a mellora da posición relativa do noso idioma entre as linguas máis influentes do planeta

Cousas de revista nº16

A lista elabórana periodicamente Alain Calvet, doutor en Ciencias, e Louis-Jean Calvet, doutor en Letras e Ciencias Humanas, así como profesor de Lingüística. O último barómetro recolle datos de 2022 e xa configura a súa cuarta edición.

Teriamos un posto 160 por número de falantes, pero se miramos o prestixio, o galego está entre os principais idiomas

Segundo explican os dous expertos, para a elaboración da lista téñense en conta ata 13 factores de clasificación como, por exemplo, a actividade dos idiomas na Wikipedia, o fluxo de traducións, a cantidade de premios literarios internacionais, a vehicularidade e a súa integración dentro do sistema universitario, entre outros.

Tanto Alain como Louis-Jean Calvet cren que o número de falantes dunha lingua non pode ser o único factor que decida a súa influencia no mundo.

Cando se cuestiona a importancia relativa dos idiomas, o criterio do número de falantes é sempre o primeiro en aparecer:”Cal é o idioma máis falado no mundo? Cantas persoas falan este idioma? Este enfoque expón un dobre problema: por unha parte, o reconto de falantes non é unha ciencia exacta e as fontes dispoñíbeis dan cifras diferentes e non sempre chegan ás mesmas clasificacións; por outra, outros factores desempeñan un papel na determinación do ‘peso’ das linguas”, xustifican os autores do informe, que se vén elaborando na última década cada cinco anos.

- Publicidade -spot_img