spot_img
InicioGaliciaCompostelaO Gaiás amplía as visitas comentadas ante a elevada demanda no inicio...

O Gaiás amplía as visitas comentadas ante a elevada demanda no inicio da exposición ‘Unha vida viquinga’

o-gaias-amplia-as-visitas-comentadas-ante-a-elevada-demanda-no-inicio-da-exposicion-unha-vida-viquingaA Cidade da Cultura vén de ampliar a oferta de visitas comentadas a dous dos grandes proxectos expositivos da Xunta de Galicia deste ano, Unha vida viquinga e Tesouros reais, ante a elevada demanda de público interesado en participar nestes percorridos guiados polo equipo de Educación do Museo Centro Gaiás.

Revista Cousas De Nº22

Así, coincidindo coas primeiras semanas de apertura de Unha vida viquinga e as últimas de Tesouros reais —que o vindeiro domingo 4 de agosto finaliza a súa estancia na Cidade da Cultura—, vén de abrirse unha nova quenda de visita guiada, ás 11,00 horas, que se suma ás das 12,00 e 17,00 horas, que actualmente teñen as prazas esgotadas a ambas exposicións. Deste xeito cóntase cun total de seis visitas guiadas diarias, de martes a domingo, para que o público poida afondar nas exposicións —que tamén poden visitarse por libre, con entrada de balde—.

A mostra internacional Unha vida viquinga inaugurouse o pasado venres 12 de xullo, esgotando en poucas horas as prazas dispoñibles para as visitas comentadas nos seus primeiros días de apertura. Trátase dun proxecto que espertou grande interese por parte do público e que cuestiona grandes clixés da cultura popular sobre a Era Viquinga, amosando en Galicia pezas históricas e arqueolóxicas de museos nacionais de Suecia, Dinamarca e Francia nunca antes exhibidas en España.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

O relato da exposición artéllase ao redor do que poderían ser os períodos vitais dunha persoa durante a época viquinga e trata tamén as diferentes campañas de exploración, incursións e relacións comerciais que se estableceron en diferentes puntos de Europa, entre os que se inclúe o noroeste peninsular. Pode visitarse no Museo Centro Gaiás, con entrada de balde, ata o vindeiro 5 de xaneiro de 2025.

‘Tesouros reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum’

O vindeiro 4 de agosto a Cidade da Cultura despide ademais outro dos grandes proxectos expositivos internacionais deste ano: Tesouros reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum. Organizada pola Xunta de Galicia, en colaboración co Terra Sancta Museum de Xerusalén, a Custodia de Terra Santa e o Museu Calouste Gulbenkian de Lisboa, a mostra achegou a Santiago de Compostela, por vez primeira e como única cita en España, un dos grandes tesouros históricos e artísticos do mundo, composto por ofrendas das grandes casas reais europeas a Terra Santa ao longo de medio milenio.

A mostra, que só percorrerá catro cidades do mundo antes de volver a Xerusalén (Lisboa, Santiago de Compostela, e dúas citas máis en Europa e nos Estados Unidos, respectivamente), abriu as súas portas ao público o pasado 22 de marzo e desde entón colleita xa máis de 30.000 visitas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.