A primeira vez que se celebrou o Día Mundial do Teatro foi en 1962; o poeta, dramaturgo e cineasta francés Jean Cocteau pronunciou unha famosa Mensaxe Internacional con motivo do Día Mundial do Teatro. A redacción desta mensaxe do 2025 foi encomendada ao director grego Theodoros Terzopoulos.
“Hoxe queremos sumarnos á celebración do 27 de marzo, Día Mundial do Teatro, como data simbólica que pon en valor as Artes Escénicas e máis concretamente o Teatro como expresión artística e de liberdade.”
O XXVI Festival Internacional de Títeres de Redondela. Memorial Juanjo Amoedo celebrarase do 12 ao 18 de maio. Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, espectáculos itinerantes ou instalacións.
Un acontecemento, un encontro, unha celebración que xa vén arroupada por un público interxeneracional onde os nenos/as que asistiron ás primeiras edicións, levan agora aos seus fillos/as, nese ciclo vital que transcorre nun carto de século.
Xente Titiriteira cre firmemente no poder transformador do Teatro, tanto do individuo como de toda unha sociedade, fomentando a cohesión social e axudando a conformar a identidade dun pobo, ensalzando o Teatro como punto de encontro da cidadanía dunha maneira lúdica e festiva.
Ademais o Festival é un crisol de culturas de todo o mundo, dando testemuña de que as diversas culturas poden entenderse e desfrutarse.
O Festival Internacional de Títeres de Redondela. Memorial Juanjo Amoedo é o reflexo do esforzo colectivo dun pobo por difundir e gozar do Teatro de Títeres.
Ademais o Festival conta co apoio institucional de: Concello de Redondela, Deputación de Pontevedra, Agadic e Inaem.
Avance informativo FIT-2025
Xa podemos confirmar a presenza en sala de compañías tan prestixiosas como Girogavo e Rondella de Italia co seu espectáculo “Quadri” ou unha coprodución do Centro Dramático Nacional e Teatro Gamusinos, que nos achegarán a obra “Árido”, nunha busca de novas linguaxes escénicas.
Ademais dende Chile teremos a prestixiosa compañía Teatro y su Doble, que co seu impáctante espectáculo visual “Feos”, obra baseada nun texto de Mario Benedetti.
En canto a rúa queremos adiantar xa a presencia de ”Cavalls de Menorca” da compañia catalana Tutatis ou a compañía Mamulengo Presepada do Brasil co seu espectáculo ”Vida de mamulengo”, compañía do mestre titiriteiro Chico Simões.
Ademais tamén podemos confirmar xa a presenza de compañías galegas como Tanxarina Títeres, Cachirulo Títeres ou Danthea Teatro.



