spot_img
InicioVigo e áreaO PorriñoO Festival de Cans presenta a súa programación coa que volverá a...

O Festival de Cans presenta a súa programación coa que volverá a ser unha cita senlleira da cultura galega

O Festival de Cans presenta a súa programación coa que volverá a ser unha cita multitudinaria, alternativa, divertida e senlleira da cultura galegaO Torreiro de Cans foi unha vez máis escenario da presentación do certame que arranca o día 18 cunha da programación moi marcada pola presenza de mulleres referentes

O Torreiro das Estrelas vén de acoller o tiro de saída á décimo novena edición do Festival de Cans, un dos oito Rías Baixas Film Fest, a marca provincial de festivais do audiovisual, que neste 2022 volve ao mes de maio recuperando o seu calendario habitual.

Revista COUSAS DE Nº13

O Festival de Cans volverá a ser unha cita multitudinaria, alternativa, divertida e senlleira da cultura galega, que transforma a parroquia do Porriño para encher os seus espazos de cultura.  Este ano participan máis de 200 curtas, clips, obras, longametraxes e documentais do panorama galego, estatal e internacional. Completa a oferta audiovisual un amplo programa de música en directo e na rúa, performances, desfiles de chimpíns e mesmo actividades de sendeirismo que encherán Cans de vida.

Ademais da completa programación que asegura unha edición de éxito, as mulleres terán un papel especial xa que dez das doce curtas da categoría “Furacáns” son dirixidas por mulleres, que Margarita Ledo recibirá o Premio Pedigree de Honra polo “seu inxente traballo”, que as mulleres feirantes da aldea serán protagonistas do proxecto “Cans 303” e que outra muller, a DJ EME DJ, presentará o documental que protagoniza, “Miedo al miedo”, durante o festival.

O Festival de Cans é unha das oito citas audiovisuais dos Rías Baixas Film Fest que promove a Deputación dende o 2020 para converter á provincia nun grande lugar de referencia audiovisual. Trátanse de eventos que ocupan espazos en todo o territorio da provincia e achegan a cultura a todas as vilas e veciñanza da provincia. Amais, este ano a Deputación vai dar un paso cara adiante en canto á promoción, apostando pola súa internacionalización a través dun encontro entre os certames audiovisuais da provincia e de Portugal, xerando relacións e sumando sinerxías co país veciño.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.