spot_img
InicioBaixo MiñoO Espazo Fortaleza de Goián acolle o XXV Encontro de Bandas de...

O Espazo Fortaleza de Goián acolle o XXV Encontro de Bandas de Música

O Espazo Fortaleza de Tomiño visto dende Vilanova de Cerveira

O evento retomarase despois de dous anos de pandemia que impediron a súa celebración, coa Agrupación Musical de Goián como anfitrioa e a Banda de Música de Caldas de Rei, como convidada de honra

Revista COUSAS DE nº14

Despois de dous anos sen poder celebrarse por mor da pandemia, o XXV Encontro de Bandas de Música terá lugar en Goián o próximo venres 29 de xullo ás 21.30h, no Espazo Fortaleza.

O evento enmárcase dentro do ciclo “Un verán de bandas” organizado polo Concello de Tomiño, e terá como anfitrioa á Agrupación Musical de Goián. Ao mesmo tempo, a Banda de Música de Caldas de Rei será a convidada de honra.

Todos os públicos poderán gozar, de balde do encontro, nunha xornada chea de música e riqueza paisaxística e cultural.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.