spot_img
InicioGaliciaO esgrafiado galego incluído no Censo do Patrimonio Cultural de Galicia

O esgrafiado galego incluído no Censo do Patrimonio Cultural de Galicia

o-esgrafiado-galego-incluido-no-censo-do-patrimonio-cultural-de-galiciaO Diario Oficial de Galicia publicou a resolución pola que se anota esta manifestación de albanelería para a execución das decoracións sobre os morteiros de cal. A listaxe que xestiona a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural xa conta con máis dun cento de bens e prácticas

Revista Cousas de Nº23

O Diario Oficial de Galicia do pasado 20 de novembro dá conta da resolución pola que a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural acorda inscribir no Censo do Patrimonio Cultural o esgrafiado galego como manifestación do patrimonio cultural inmaterial.

Esta técnica tradicional de albanelería que se emprega para a execución das decoracións sobre os morteiros de cal, queda recollida nesta recompilación patrimonial para a súa posta en valor e protección. Esta práctica de ornamentación cobra importancia dado que se atopa en todo o territorio de Galicia, tendo maior presenza no sur e no leste da Comunidade, especialmente entre as provincias de Lugo e Ourense.

O esgrafiado ou esgrafito, ademais da súa complexidade como manifestación, pasa a formar parte deste Censo polo código de comunicación que presenta e que revela valores estéticos e sociais que forman parte da tradición e identidade galegas, estreitamente vinculados coa paisaxe e co medio no que se atopan.

Así, este tipo de revestimentos responden a diversas funcións como, a arquitectónica para reforzar muros e evitar humidades, a decorativa seguindo a moda do seu tempo; a simbólica, como protección en determinadas formas como cruces e símbolos astrais; de comunicación, para convidar ao camiñante no caso de xerras e vasos, ou a hixiénica, polas propiedades do cal.

Deste xeito, a Dirección de Patrimonio Cultural insire este tipo de manifestacións na listaxe que recolle os bens materiais e inmateriais dos que xa se suman máis dun cento polo seu valor histórico, arquitectónico, paleontolóxico, etnolóxico, antropolóxico, industrial, científico e técnico, documental ou bibliográfico.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.