spot_img
InicioVigo e áreaVigoO equipo autónomo de UVigo Motorsport mellora a súa última participación en...

O equipo autónomo de UVigo Motorsport mellora a súa última participación en Silverstone ascendendo ao 7º posto

o-equipo-autonomo-de-uvigo-motorsport-mellora-a-sua-ultima-participacion-en-silverstone-ascendendo-ao-7o-postoA escudaría UVigo Motorsport segue a sumar éxitos, desta volta na competición autónoma disputada en Silverstone entre os días 17 ao 21 de xullo.

Revista Cousas De Nº22

No circuíto británico o equipo Driverless da Universidade de Vigo foi sétimo, cun total de 364,8 puntos, na clasificación xeral, superando así o 10º posto acadado o ano pasado, no seu debut na Formula Student UK. Un total de 20 equipos, na súa maior parte británicos, así como exipcios, franceses, un indio e outros dous españois, da Universidade do País Vasco e da Politécnica de Madrid, competiron nesta temporada 2023/2024, no que, segundo os preto de 20 integrantes do equipo vigués, “o nivel de competitividade aumentou de forma significativa, respecto do ano anterior, polo que loitar por cada punto volveuse máis imporante que nunca”.

A pesar da competencia, a escudaría da UVigo foi quen de superar, por vez primeira unha das probas dinámicas, o Track Drive, na que cómpre dar dez voltas nun circuíto aleatorio, mentres que no caso das probas estáticas melloraron a puntuación no ADR e no Real World AI e a dobraron no Business Plan Presentatión. “Foi unha competición chea de moitas emocións distintas e moito traballo e o nivel de coñecemento e traballo notouse nos diferentes equipos que participaron”, aseguran os e as integrantes do equipo autónomo, para quen “esta é unha temporadas da que non nos podemos sentir máis orgullosos, por todo o éxito acadado”.

o-equipo-autonomo-de-uvigo-motorsport-mellora-a-sua-ultima-participacion-en-silverstone-ascendendo-ao-7o-posto
Por vez primeira superaron unha das probas dinámicas e acadaron máis puntuación nas estáticas

O equipo da Universidade de Edimburgo, proclamouse campión da competición autónoma, seguido do Oxford Brookes Racing Autonomus e o UGRacing. Pola súa banda, o equipo da Universidad de Politécnica de Madrid foi a primeira escudaría española clasificada cun cuarto posto, seguida de UVigo Motorsport en sétimo posto e o Formula Student Bizkaia AI da Universidade do País Vasco en novena posición.

Probas dinámicas, unha superada

Un ano despois da súa estrea na competición autónoma de Silverstone, o equipo vigués foi quen de superar por vez primeira unha das probas dinámicas: o Track Drive, no que sumaron 100 puntos por dar dez voltas nun circuíto aleatorio. No resto de probas, Sprint, Skidpad Acceleration, varios problemas co software autónomo impediron que o equipo as superase.

En calquera caso, lembran os membros do equipo de Driveless de UVigo Motorsport que “un dos nosos principais obxectivos era concluír algunha das probas dinámicas na competición e cumprímolo con creces grazas ao Track Drive”.

Probas estáticas, mellores puntuacións

No caso das probas estáticas, a escudaría viguesa mellorou os resultados acadados o ano pasado, mesmo duplicando a puntuación nunha delas, o Business Plan Presentation, na que sumaron 74 puntos, o que lles valeu un “meritorio”, aseguran noveno posto. En Simulation, conseguiron un 13º posto, mentres que no ADR e en Real World AI, tamén melloraron a puntuación, respecto do ano pasado.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

A maiores, o equipo vigués tivo ocasión de participa nas finais da Formula Student Esports, unha serie de carreiras virtuais nas que prima a rapidez e a habilidade, e nas que quedaron quintos, por diante doutros 32 competidores.

Punto final ás competicións en Montmeló

Logo dos éxitos acadados en Assen e en Silverstone, o circuíto catalán de Montmeló será seguinte destino da escudaría UVigo Motorsport, desta volta co vehículo de combustión. Entre o 1 e o 7 de agosto o UM24 volverá rodar no Formula Student Spain, onde se darán cita 33 monoprazas eléctricos, 22 de combustión, dous híbridos e entre todos eles, unha decena con capacidade condución autónoma.

As e os integrantes do equipo da UVigo competirán en probas dinámicas: Skidpad, Acceleration, Autocross, Endurance, e estáticas: Business Plan Presentation, Cost & Manufacturing e Engineering Design, a procura de superar o sexto posto conseguido o ano pasado.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.